Que tipo de viaxeiro/a es?
Personaliza a túa experiencia seleccionando o teu estilo de viaxe

Festa da Lagosta e Cociña Mariñeira
- En 2025: 4, 5 e 6 de xullo - Lugar: Porto - Organiza: Concello da Guarda - Destaca: No porto e baixo unha carpa pódese degustar a lagosta e outros pratos mariñeiros. A calidade recoñecida da gastronomía guardesa traduciuse en 1991 coa primeira Festa da Lagosta. Dende esta primeira edición a gran afluencia de visitantes asegurou o éxito da festa. Co paso dos anos a festa foi medrando en días de celebración e a variedade de produtos do mar e doces que permitiron aumentar a oferta gastronómica e así chegar a todos os gustos. Deste xeito conseguiuse revalorizar a festa. No porto instálase unha carpa de 1.000 m² con mesas e cadeiras para que os asistentes poidan degustar comodamente a lagosta e demais pratos. Cada ano a oferta de animación e entretemento para adultos e pequenos multiplícase cun amplo e variado programa con actuacións de música, eventos deportivos e culturais, animación infantil, etc.
Ubicación: Puerto pesquero de A Guarda

Festa do Peixe Espada
- En 2025: 25 ao 27 de xullo - Lugar: Concello - Organiza: ORPAGU - Destaca: Nos restaurantes adheridos degustarase das elaboracións do peixe espada. Ademais poderase gozar da programación. Unha parte importante da economía da Guarda é a pesca e no caso da frota espadeira representa o 40% a nivel nacional. Esta festa recuperouse tras uns anos sen celebrarse para dar a coñecer este peixe e tamén dar maior visibilidade á pesca e ao peixe espada. Durante a fin de semana poderase degustar o peixe espada á prancha nos restaurantes adheridos e cada un terá ademais unha receita especial. Ademais organízanse actividades e música para o desfrute de todos. Tamén haberá actividades para nenos.













