
Descrición
En 2025: Do 4 ao 11 de agosto.
Lugar: No concello da Guarda.
Organiza: Asociación Veciñal Cultural e Deportiva Alameda.
Destaca: Variada programación con tres eventos centrais: sábado co desfile folclórico; domingo coa romaría no monte de Santa Trega e luns despedida coa tirada de fogos.
Festa de Galicia de Interese Turístico.
Estas festas xa centenarias son as máis destacadas da comarca. Durante a semana diferentes actos culturais e deportivos atraen a centos de visitantes e as noites están reservadas ao entretemento con citas musicais e as verbenas.
Un dos principais eventos é o Desfile folclórico do sábado ao que asisten milleiros de persoas para contemplar os traxes rexionais e os grupos de gaitas e folclóricos convidados que enche de música as rúas no seu percorrido. Tamén destacan a vintena de bandas mariñeiras que co seu toque de tambores e caixas fan único este desfile. Estas bandas mariñeiras, familias e os visitantes ascenden ao Monte Santa Trega a mañá do domingo para celebrar a cita máis importante, a romaría centenaria. As bandas distribúense pola cima do monte nun ambiente moi animado cos seus tambores e caixas como protagonistas. O seu son pódese escoitar en todo o concello sen descanso durante toda a romaría. O último luns celébrase a tirada de fogos coa que se pecha