A mocidade, proveniente de diversos puntos de España, realizou unha visita polos diferentes puntos de interese do Monte Trega da Guarda para coñecer máis sobre a súa historia e patrimonio. A Ruta Quetzal, cuns arredor de 150 mozos e mozas de 15 e 16 anos e provenientes de diversos puntos da xeografía española, visitaron este Ler máis
- A mocidade, procedente de diversos puntos de España, realizou unha visita polos diferentes puntos de interese do Monte Tecla da Guarda para coñecer máis sobre a súa historia e patrimonio.
A Ruta Quetzal, con arredor de 150 mozos e mozas de 15 e 16 anos e procedentes de diversos puntos da xeografía española, visitaron este mércores 20 de xullo os lugares máis emblemáticos do Monte Santa Trega, un lugar de gran riqueza cultural e patrimonial do municipio da Guarda.
Os mozos e mozas subiron ao Monte Santa Tecla para coñecer a súa historia arqueolóxica a través dunha visita polo poboado castrexo de Santa Trega, con máis de dous mil anos de antigüidade que caracterizan a historia deste lugar.
A Ruta Quetzal é un programa de estudo e aventura creado en 1979 por suxestión do Rei de España naquel momento, Juan Carlos I, e o xornalista Miguel de la Quadra-Salcedo, co obxectivo de consolidar entre a mocidade os cimentos da Comunidade Iberoamericana de Nacións entre todos os países de fala hispana, incluídos Brasil e Portugal.
A expedición que levarán a cabo este ano os mozos e mozas da Ruta Quetzal conmemora o Ano Santo Xacobeo 2022 a través da denominada Expedición Translatio. Con ela, os 150 mozos e mozas revivirán durante dez días a historia do Apóstolo Santiago.