O Concello da Guarda pon en marcha a campaña informativa “Consume Local na Hostalería da Guarda” coa difusión dos restaurantes e bares que ofrecen servizo de recollida no local ou entrega a domicilio. Coa entrada en vigor das novas restricións sanitarias o pasado 27 de xaneiro que afectan directamente a hostalería e limitan o seu Ler máis
O Concello da Guarda pon en marcha a campaña informativa “Consume Local na Hostalería da Guarda” coa difusión dos restaurantes e bares que ofrecen servizo de recollida no local ou entrega a domicilio.
Coa entrada en vigor das novas restricións sanitarias o pasado 27 de xaneiro que afectan directamente á hostalería e limitan o seu funcionamento vólvese a actualizar esta campaña.
“Consume Local na Hostalería da Guarda” ten unha dobre finalidade, incentivar o consumo dos veciños nos establecementos en funcionamento e ser un recopilatorio dos locais e os servizos que prestan servizo.
Este cartel é a última actualización realizada coa información trasladada polos restaurantes e bares.
