A andaina de Monumento a Monumento conmemorará o 90 aniversario da declaración de Ben de Interese Cultural do Mosteiro de Oia e o Monte de Santa Trega

20 de maio de 2021·Por Prensa A Guarda2 minutos de lectura
Noticias Turismo

• Os participantes percorrerán 12,5 km do Camiño Portugués da Costa, saíndo dende o Mosteiro de Oia e chegando á Guarda. • Ambos monumentos están vinculados dende que no Real Decreto de Xuño de 1931 formasen parte dos 789 elementos patrimoniais españois que foron declarados monumentos histórico-artísticos pertencentes ao Patrimonio Nacional. Ler máis

• Os participantes percorrerán 12,5 km do Camiño Portugués da Costa, saíndo dende o Mosteiro de Oia e chegando á Guarda.

• Ambos monumentos están vinculados dende que no Real Decreto de Xuño de 1931 formasen parte dos 789 elementos patrimoniais españois que foron declarados monumentos histórico-artísticos pertencentes ao Patrimonio Nacional.

O obxectivo desta conmemoración é o mesmo que na orixe motivou aos que loitaron pola proclamación destes monumentos como parte do Patrimonio Nacional hai 90 anos, e non é outro que pór en valor estes tesouros nacionais.
Descuberto en 1913, o enorme poboado castrexo que compón o Castro de Santa Trega supuxo unha das primeiras campañas turísticas lanzadas en España, chegando a ser o segundo lugar máis visitado en Galicia tras a Catedral de Santiago. O indiano portorriqueño Manuel Lomba Peña é a quen se lle debe na maior medida devandito logro.
O Mosteiro de Oia que data do século XII, é o único da Orde do Císter pegado ao Océano Atlántico. Dirixido polos beneditinos que foron monxes artilleiros e cultivaron as viñas e as terras durante sete séculos, pasou, tras a desamortización a mans privadas pertencendo ata 1945 á familia do segundo propietario, outro indiano portorriqueño veciño da Guarda, Joaquín Alonso Martínez.
Por todos estes motivos, o Mosteiro de Oia tomou a iniciativa de conmemorar tal acontecemento organizando a Andaina coa colaboración dos concellos de Oia e A

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese