Este martes 21 de setembro será a última oportunidade deste verán para coñecer ao Volanteiro O Piueiro, embarcación tradicional a vela que foi recuperada pola Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro. Esta asociación organiza para a tarde do martes 3 saídas de navegación pola costa da Guarda. A primeira saída está Ler máis
Este martes 21 de setembro será a última oportunidade deste verán para coñecer ao Volanteiro O Piueiro, embarcación tradicional a vela que foi recuperada pola Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro.
Esta asociación organiza para a tarde do martes 3 saídas de navegación pola costa da Guarda. A primeira saída está prevista para as 16:00 hora e a duración aproximada é duns 70 minutos.
Nesta ocasión a inscrición realizarase polos membros da Asociación Piueiro no mesmo día e a partir das 15:30h no punto de saída do volanteiro que é o porto pesqueiro (nas escaleiras do peirao interior).
A idade mínima para participar é de 10 anos.