A axenda de Nadal trae unhas xornadas de festa pensadas para gozar en familia

9 de decembro de 2025·Por Prensa A Guarda2 minutos de lectura
Noticias Turismo

Xa cheira a Nadal! Co mes de decembro chegan as ganas de gozar destas festas tan especiais, por iso, este ano o Concello da Guarda presenta unha programación pensada especialmente para as familias. Esta programación de Nadal promete música, baile, obradoiros e sobre todo bos momentos para gozar toda a familia. A próxima Ler máis

Xa cheira a Nadal! Co mes de decembro chegan as ganas de gozar destas festas tan especiais, por iso, este ano o Concello da Guarda presenta unha programación pensada especialmente para as familias.

Esta programación de Nadal promete música, baile, obradoiros e sobre todo bos momentos para gozar toda a familia. A próxima semana segue co espectáculo Cabaret Bar e o cinema “A herdanza”.

Será para a semana seguinte, co remate das clases cando arrinque unha programación sen tregua. Eses días estarán marcados pola música co concerto de Nadal do conservatorio, o concerto de Wonder Covers, o concerto de panxoliñas e o festival de baile de Attitude.

O luns 22 visitaranos o Apalpador e o Grinch, e continuará con actividades para nenos como o espectáculo infantil “Historias para escagarriñarse”, un obradoiro de cociña infantil e o concerto en familia “Terapia de grupo kids”. Antes de rematar o ano tamén se celebrará a tradicional carreira de San Silvestre.

O ano 2026 comeza tendo aos nenos como centro das actividades co espectáculo “Moby Dick” e con Peter Punk cun obradoiro de circo e o espectáculo “Un Nadal chungo que te cagas”. Finalmente, o luns 5, os Reis Magos visitarán A Guarda cunha cabalgata e a posterior recepción.

 

 

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese