A campaña “Galicia sabe aMar” recala na Guarda os días 28 e 29 de abril

25 de abril de 2023·Por Prensa A Guarda1 minutos de lectura
Noticias Turismo

O venres 28 e sábado 29 de abril na Praza de Avelino Vicente da Guarda. A Xunta de Galicia puxo en marcha esta iniciativa que percorrerá 260 municipios de España vinculados ao Camiño de Santiago e na que se servirán unha selección de receitas elaboradas con produtos certificados do mar e Ler máis

  • O venres 28 e o sábado 29 de abril na Praza de Avelino Vicente da Guarda.

 

A Xunta de Galicia puxo en marcha esta iniciativa que percorrerá 260 municipios de España vinculados ao Camiño de Santiago e na que se servirán unha selección de receitas elaboradas con produtos certificados do mar e da terra para enxalzar a gran variedade e calidade dos recursos mariños da comunidade.

 

O venres 28 e o sábado 29 de abril estará instalada unha furgoneta na Praza de Avelino Vicente (As de Copas) na que se ofrecerán petiscos gratuítos a todos aqueles que se acheguen nas horas da degustación, durante a mañá de 11:30h a 14:00h e na quenda de tarde entre as 16:30h e as 20:00h.

 

Máis info da campaña:

https://mar.xunta.gal/sites/default/files/galiciasabeamar/index.html

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese