A Concellaría de Turismo da Guarda e o grupo de fotógrafos Capturando A Guarda editan o calendario fotográfico para 2022

11 de xaneiro de 2022·Por Prensa A Guarda2 minutos de lectura
Noticias Turismo

• Hai dispoñibles 4.000 exemplares e poderán recollerse na Oficina de Turismo e na Casa dos Alonso. A Guarda conta cuns paisaxes e un patrimonio destacado e moitos visitantes gozan fotografando para gardar esa imaxe na súa lembranza. Como primeira acción de promoción turística para este novo ano acordouse realizar un Ler máis

• Hai dispoñibles 4.000 exemplares e poderán recollerse na Oficina de Turismo e na Casa dos Alonso.

A Guarda conta cuns paisaxes e cun patrimonio destacado e moitos visitantes gozan fotografando para gardar esa imaxe no seu recordo.
Como primeira acción de promoción turística para este novo ano acordouse realizar un calendario fotográfico onde as fotos sexan as protagonistas.
Na selección das fotografías procurouse manter a temática da auga e do mar como elemento unificador, sen esquecerse do noso patrimonio e as festas.
As fotografías foron achegadas por tres veciños que comezaron a colaborar co Concello. Na primavera de 2021 mantivéronse contactos con fotógrafos afeccionados e veciños da Guarda para mellorar a imaxe fotográfica e ofrecer novas panorámicas co estilo propio destes veciños.
Despois destas conversas acordouse a creación do Grupo Capturando A Guarda, que está integrado por Lecio Alonso, Dionisio Ameal e Emilio Baz.
A finalidade deste grupo é que A Guarda mellorará a súa imaxe turística nas diferentes actuacións e accións promocionais e os tres fotógrafos afeccionados poderán dar a coñecer as súas fotos, que estarán identificadas co nome do seu autor e co agradecemento como Grupo Capturando A Guarda.
Na tarde do luns 10 de xaneiro formalizouse a colaboración conxunta coa sinatura do contrato de cesión de fotografías entre o Alcalde, Antonio Lomba, e os integrantes do Grupo Capturando A Guarda, Lecio Alonso, Dionisio Ameal e Emilio Baz.
Neste acto tamén estivo presente o Concelleiro de Turismo, Rafa Álvarez, que aproveitou para presentar ao Grupo Capturando A Guarda e tamén o calendario fotográfico como a súa primeira participación dentro do proxecto para a renovación da imaxe fotográfica da nosa vila.
O calendario fotográfico Concello da Guarda será distribuído entre veciños, visitantes e turistas para que leven un anaco impreso das nosas paisaxes. Hai dispoñibles 4.000 exemplares e poderanse recoller na Oficina de Turismo e na Casa dos Alonso.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese