O prazo de inscrición estará aberto do luns 29 de maio ao venres 2 de xuño. O Concello da Guarda retoma unha das festas gastronómicas destacadas de Galicia, que abre a programación do verán. Este ano a “Festa da Lagosta e Cociña Mariñeira” celebra a súa XXXI edición os días 30 de xuño, Ler máis
- O prazo de inscrición estará aberto do luns 29 de maio ao venres 2 de xuño.
O Concello da Guarda retoma unha das festas gastronómicas destacadas de Galicia, que abre a programación do verán.
Este ano a “Festa da Lagosta e Cociña Mariñeira” celebra a súa XXXI edición os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo. Dende 2009, a Feira de Artesanía organízase na rúa do Porto e forma parte do programa deste festival que mestura gastronomía, cultura, música e entretemento.
Esta feira artesanal celebrarase o sábado 1 e o domingo 2 de xullo. A participación nesta feira está regulada polas bases de participación desta edición e será gratuíta.
Os artesáns interesados en participar deberán enviar a súa solicitude debidamente cumprimentada, xunto coa documentación especificada nestas bases, ao enderezo de correo electrónico turismo@aguarda.es.
O prazo de inscrición estará aberto dende o luns 29 de maio ata o venres 2 de xuño.