A “Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira” contará con Feira de Artesanía

3 de xuño de 2022·Por Prensa A Guarda1 minutos de lectura
Noticias Turismo

[vc_row][vc_column][vc_column_text]• Os artesáns e as artesás interesados en participar poden inscribirse do 6 ao 10 de xuño O Concello da Guarda retoma unha das festas gastronómicas máis importantes de Galicia e con ela inaugúrase a programación do verán 2022 na Guarda. Este ano, a “Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira” Ler máis

[vc_row][vc_column][vc_column_text]• Os artesáns e as artesás interesados en participar poden inscribirse do 6 ao 10 de xuño

O Concello da Guarda retoma unha das festas gastronómicas máis importantes de Galicia e con ela inaugúrase a programación do verán 2022 na Guarda.

Este ano, a “Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira” celebra a súa 30ª edición os días 1, 2 e 3 de xullo. Dende 2009, a Feira de Artesanía organízase na rúa Porto e forma parte da programación deste festival que mestura gastronomía, cultura, música e entretemento.

Esta feira artesanal celebrarase os días sábado 2 e domingo 3 de xullo. A participación nesta feira está regulada polas normas de participación desta edición e será gratuíta.

Os artesáns interesados en participar deberán enviar a súa solicitude debidamente cumprimentada, xunto coa documentación especificada nestas bases, ao correo electrónico turismo@aguarda.es. O prazo de inscrición estará aberto dende o luns 6 ata o venres 10 de xuño.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_message]

Solicitude

Bases

[/vc_message][/vc_column][/vc_row]

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese