A Guarda acolle este sábado a Romaría de Santa Trega

19 de setembro de 2023·Por Prensa A Guarda1 minutos de lectura
Noticias Turismo

O vindeiro sábado, 23 de setembro, A Guarda acolle un ano máis a Romería de Santa Trega, un acto de carácter relixioso e festivo que reúne no Monte de Santa Trega a multitude de fieis e devotos da Virxe de Santa Trega. Dende primeira hora da mañá a Ermida de Santa Ler máis

O vindeiro sábado, 23 de setembro, A Guarda acolle un ano máis a Romería de Santa Trega, un acto de carácter relixioso e festivo que reúne no Monte de Santa Trega a multitude de fieis e devotos da Virxe de Santa Trega.

 

Dende primeira hora da mañá a Ermida de Santa Trega acolle varias misas ás 8, 9 e 10 da mañá e ás 11:30 horas Sermón e Procesión Solemne.

 

Tras finalizar os actos relixiosos celébranse as tradicionais poxas de produtos típicos, cunha torta monumental que sempre agocha algún gran premio no seu interior.

 

A tradición convoca a un xantar popular, onde as familias se reúnen para almorzar, cantar e bailar ata altas horas da noite, onde o son de gaitas, acordeóns, pandeiretas e tambores acompañan a sobremesa.

 

Dende o Concello da Guarda lémbrase á poboación a obriga de respectar o noso patrimonio, senña de identidade do noso pobo, evitando malos tratos ou accesos a espazos patrimoniais como a Citania de Santa Trega.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese