• Será o sábado 7 de maio ás 20:00 horas no Auditorio do Centro Cultural da Guarda. • Tamén se presentará o vídeo “Percorremos o camiño como peregrin@s”, coa participación de escolares e asociacións da Guarda. O Auditorio do Centro Cultural da Guarda acollerá unha dobre función o vindeiro sábado Ler máis
• Será o sábado 7 de maio ás 20:00 horas no Auditorio do Centro Cultural da Guarda.
• Tamén se presentará o vídeo “Percorremos o camiño como peregrin@s”, coa participación de escolares e asociacións da Guarda.
O Auditorio do Centro Cultural da Guarda acollerá unha dobre función o vindeiro sábado 7 de maio, ás 20:00 horas, vinculada ao Camiño Portugués da Costa.
O documental “Galicia peregrina. O Camiño de Santiago Portugués” proxectarase achegando ao espectador ao verdadeiro significado de facer o Camiño de Santiago, protagonizado pola presentadora Cristina Maró, que estará no acto deste sábado na Guarda.
O Concello da Guarda, continuando coas accións de difusión e promoción do Camiño Portugués da Costa ao seu paso pola localidade, vén de continuar co proxecto «Falemos do Camiño», iniciado en 2020 e paralizado pola pandemia.
Nesta ocasión organizouse unha actividade cos colexios e colectivos da localidade para promocionar o Camiño Portugués da Costa a través da actividade “Percorremos o camiño como peregrin@s”, onde alumnos e usuarios percorreron parte do percorrido da ruta xacobea pola Guarda en diferentes sesións realizadas entre marzo e abril de 2022, acompañados dun guía que explicou os diferentes elementos etnográficos, civís e relixiosos ao longo do camiño.
Ao mesmo tempo, esta acción serviu para gravar un vídeo que tamén será presentado este sábado 7 de maio no Centro Cultural da Guarda.