[vc_row][vc_column][vc_column_text]Durante calquera época do ano podes descubrir o pobo mariñeiro da Guarda, percorrer o seu territorio a través das rutas, gozar da natureza do Estuario do Miño, visitar o Monte Santa Trega, descubrir a vida pesqueira no porto e o Museo do Mar e degustar a súa gastronomía e produtos locais. Pero en Ler máis
[vc_row][vc_column][vc_column_text]En calquera época do ano podes descubrir a vila mariñeira da Guarda, percorrer o seu territorio a través das rutas, gozar da natureza do Estuario do Miño, visitar o Monte Santa Trega, descubrir a vida pesqueira no porto e o Museo do Mar e degustar a súa gastronomía e produtos locais.
Pero en Semana Santa, ademais de descubrir as belezas da vila e a súa programación, podes participar en actos relixiosos. A Guarda comezará oficialmente a celebrar a Semana Santa o venres 31 de marzo coa Procesión “Venres de Dor” ás 21:10 horas dende a Igrexa Parroquial de Santa María.
Para o sábado 1 de abril organizáronse eventos culturais e de lecer. Esta xornada comezará coa presentación do poemario “De mar a mar. Poemas 1932-1933” de Feliciano Rolán que a Asociación Piueiro promove coa versión galega. Este acto terá lugar ás 12:00 horas nos xardíns de Feliciano Rolán (Centro de Saúde). En caso de choiva, trasladarase á Casa dos Alonso. A tarde estará dedicada á III Carreira de Orientación-Concello da Guarda que comezará ás 17:00 horas na Praza de Avelino Vicente. Esta actividade require inscrición previa en https://xestanatureza.com/eventos/orientacionaguarda2023/
O programa relixioso da Parroquia de Santa María da Guarda continúa o domingo 2 de abril (Domingo de Ramos) coa tradicional bendición de ramos e palmas na Praza de San Bieito ás 11:30 horas. A continuación celébrase a procesión ata a igrexa parroquial e a Misa da Paixón do Señor.
O Xoves Santo estará marcado pola “Procesión dos Pasos”, con saída ás 21:00 horas dende a Igrexa Parroquial de Santa María. O Venres Santo terá lugar dende o mesmo punto a “Procesión do Encontro” (11:00 horas) e a “Procesión do Santo Enterro” (21:00 horas).
Nesta Semana Santa ofertaranse as habituais visitas guiadas ao Castro de Santa Trega. Estas visitas son moi ben recibidas polas e polos visitantes do monte porque lles permiten comprender o valor arqueolóxico deste destacado xacemento. Durante unha visita guiada de 45 minutos, as e os visitantes coñecerán en detalle a Cultura Castrexa e como vivían estes castrexos na Trega hai máis de 2.000 anos. As visitas gratuítas organízanse do martes 4 ao domingo 9 de abril en dúas quendas ás 12:00 horas. O punto de partida é a chaira de Casa Forestal, a casa de pedra atopada tras atravesar a zona escavada do castro.
Coincidindo coa Semana Santa, a Oficina de Turismo da Guarda iniciará o seu horario de abril de luns a sábado de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 18:30 horas. Tamén atención no teléfono. 986 61 45 46 ou en turismo@aguarda.es
En canto ao horario de apertura da Rede de Museos da Guarda:
- MASAT- MUSEO ARQUEOLÓXICO DE SANTA TREGA. 10:00 – 20:00 (Excepto luns)
- MUSEO DO MAR – ATALAIA. De xoves a domingo: 11:00 – 14:00 / 16:00 – 19:00
- CASTELO DE SANTA CRUZ como espazo público: 10:00 – 21:00
Programación cultural:
- Do 3 ao 15 de abril: EXPOSICIÓN DE DEBUXOS E ACUARELAS DE TITO LEMOS na Casa dos Alonso. Aberto de luns a venres, de 10:30 a 13:30 horas.
- Do 5 ao 11 de abril: FESTIVAL ACTÚA VERDE. Intercambio cultural de nenas e nenos europeos con performance, obradoiros, teatro e outras actividades. En diferentes puntos da localidade. Organiza: Asociación FOCO. Máis información: https://www.focoeuropa.com/portfolio/actua-verde/
Celebracións de Semana Santa en Buxán:
Na Guarda, ademais das celebracións relixiosas da Semana Santa, tamén teñen lugar as tradicionais Festas da Semana Santa de Buxán, que comezarán este sábado 1 de abril coa celebración do “Serán de Buxán” ás 22:00 horas. A festa continuará o venres 6 de abril co partido de fútbol masculino entre solteiros e casados. O sábado 7 haberá os tradicionais xogos populares (11:00 h para nenos e 16:00 h para adultos) e a festa posterior, amenizada por Trío Xtra e Grupo América (23:00 h). O día 9 de abril, Domingo de Resurrección, a partir das 11:00 horas poderase gozar de pratos locais como a zorza e os callos acompañado do grupo Airiños do Folón. A tarde está reservada para a tradicional Festa da Galleta con inchables e pintacaras para nenos e ás 19.30 horas pechará o grupo folclórico Os Carunchos.
Máis información en www.turismoaguarda.es
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_gallery interval=»3″ images=»16403,16406,16409″ img_size=»full»][/vc_column][/vc_row]