A Guarda celebra este mércores o Día Mundial do Turismo coa apertura da súa Rede de Museos

25 de setembro de 2017·Por Prensa A Guarda1 minutos de lectura
Noticias Turismo

Este mércores, 27 de setembro, celebrarase o Día Mundial do Turismo coa temática, establecida pola Organización Mundial do Turismo (OMT), «Turismo sostible: un instrumento de desenvolvemento», cuxa finalidade pasa por concienciar e potenciar o respecto polo rico patrimonio das diferentes poboacións que conforman o mundo. O Concello da Guarda Ler máis

Este mércores, 27 de setembro, celebrarase o Día Mundial do Turismo coa temática, establecida pola Organización Mundial do Turismo (OMT), «Turismo sostible: un instrumento de desenvolvemento», cuxa finalidade pasa por concienciar e potenciar o respecto polo rico patrimonio das diferentes poboacións que conforman o mundo.

O Concello da Guarda únese a esta iniciativa e mostrará o seu patrimonio coa apertura dos tres recintos visitables da nosa Rede de Museos:

  • O Museo Arqueolóxico Monte Santa Trega (MASAT): permanecerá aberto de 10:00 a 20:00 horas.
  • O Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz: poderase visitar entre as 11:00 e as 14:00 horas.
  • O Museo do Mar: estará aberto de 11:00 a 14:00 horas.

Ademais, o ferry que une A Guarda e Caminha será gratuíto durante toda a xornada.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese