Co gallo do Día Internacional dos Museos, a Concellaría de Turismo do Concello da Guarda organiza unha xornada de visitas guiadas gratuítas polo Monte Santa Trega. As actividades levaranse a cabo durante a mañá e a tarde do sábado 19 de maio con tres formatos, dependendo da súa duración e o Ler máis
Co gallo do Día Internacional dos Museos, a Concellaría de Turismo do Concello da Guarda organiza unha xornada de visitas guiadas gratuítas polo Monte Santa Trega. As actividades levaranse a cabo durante a mañá e a tarde do sábado 19 de maio con tres formatos, dependendo da súa duración e o percorrido a realizar.
Así, aquelas persoas que desexen participar nunha visita guiada completa polo monte, poderán participar na saída que partirá ás 17:00 horas do castro. Dende alí, as e os participantes percorrerán primeiro o poboado, para máis tarde subir á cima do monte e visitar a ermida de Santa Trega e o MASAT.
Ás 11:00 e ás 16:00 horas comezarán as visitas de 30 minutos de duración centradas no castro, cunha explicación pormenorizada do xacemento arqueolóxico. Completando a programación, ofrecerase unha visita guiada especial polo barrio de Mergelina, no que recentemente comezaron os traballos de restauración e consolidación. Este percorrido empezará ás 12:00 horas dende a Casa Forestal e estará guiado polo arqueólogo Rafael Rodríguez, director dos traballos neste sector do poboado castrexo.
As persoas interesadas en participar deberán presentarse á hora de saída no punto de encontro indicado. Aínda que as visitas son gratuítas, debe terse en conta que a taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para as persoas adultas e de 0,50€ para os e as menores de 14 anos.