O pasado domingo día 23 de setembro A Guarda acolleu un ano máis a Romería de Santa Tecla, unha xornada relixiosa e de lecer que estivo marcada este ano por unha masiva afluencia de visitantes e unhas excepcionais temperaturas. A Romería de Santa Tecla é un evento de carácter relixioso e tamén festivo que congrega Ler máis
O pasado domingo día 23 de setembro A Guarda acolleu un ano máis a Romaría de Santa Tecla, unha xornada relixiosa e de lecer que estivo marcada este ano por unha masiva afluencia de visitantes e unhas excepcionais temperaturas.
A Romaría de Santa Tecla é un evento de carácter relixioso e tamén festivo que congrega no Monte de Santa Tecla a multitude de fieis e devotos da Virxe de Santa Tecla, este ano participaron, ademais das autoridades locais e de concellos veciños, unha representación de veciños da Povoa de Varzim, encabezados polo Vicepresidente da Câmara da Povoa de Varzim, coincidindo coa inauguración da Exposición das Marcas dos Pescadores, tamén moi relacionadas coa Capela de Santa Tecla.
Dende primeira hora da mañá a Capela de Santa Tecla acolleu varias misas ás 8, 9 e 10 da mañá, sendo ás 11:00h o Sermón e a Solemne Procesión, que contou cunha ampla participación.
Tras finalizar os actos relixiosos celebráronse as tradicionais poxas de produtos típicos, que contou tamén cunha masiva resposta por parte do público, poxando lotes de froitas, viños e o sorteo final dunha monumental torta con premio no seu interior.
Seguindo a tradición, moitas familias participaron nunha comida campestre popular no Monte Santa Tecla, onde as familias se reúnen para xantar, cantar e bailar ata a tarde, onde o son das gaitas, acordeóns, pandeiretas e tamborís acompañan a sobremesa.


