A Guarda conmemora o Día Mundial do Turismo con visitas guiadas especiais ao castro de Santa Trega

22 de setembro de 2021·Por Prensa A Guarda2 minutos de lectura
Noticias Turismo

• Estas visitas especiais, de carácter gratuíto e con inscrición previa, terán lugar o sábado 25 e domingo 26 de setembro con dúas citas: ás 11:00 e ás 12:30h. O luns día 27 de setembro celébrase o Día Mundial do Turismo e a Concellaría de Turismo do Concello da Guarda aposta Ler máis

• Estas visitas especiais, de carácter gratuíto e con inscrición previa, terán lugar o sábado 25 e domingo 26 de setembro con dúas citas: ás 11:00 e ás 12:30h.

O luns día 27 de setembro celébrase o Día Mundial do Turismo e a Concellaría de Turismo do Concello da Guarda aposta novamente polas visitas guiadas para conmemorar esta cita.
Despois dun verán con visitas guiadas no Monte Santa Trega vólvese ofertar este servizo pero nesta ocasión as visitas guiadas estarán centradas nas áreas escavadas dende o norte ao sur.
Para ofrecer unha visión máis ampla da zona escavada vai realizarse un percorrido completo dende a porta norte ata a porta sur, percorrendo as diferentes áreas escavadas ao longo dos últimos cen anos como as vivendas reconstruídas, a zona de Mergelina, o concheiro,…
Estas visitas especiais terán lugar o sábado 25 e domingo 26 de setembro con dúas citas: ás 11:00 e ás 12:30h. As prazas están limitadas polo que é necesaria inscrición previa no Museo Arqueolóxico no tel. 690.01.70.38 (tamén WhapsApp) ou un mail a masat@aguarda.es. A visita guiada é gratuíta pero aqueles que accedan ao Monte Santa Trega en vehículo deberán aboar o prezo público.
A duración aproximada é de 60 minutos e o punto de encontro é o aparcadoiro da Casa Forestal dende onde se partirá para comezar esta fermosa ruta polo interior do castro escavado.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese