A semana pasada comezou a nova pintada do muro da praia de Fedorento, sendo esta unha das accións de embelecemento do proxecto “Recunchos con Arte” para este 2020. As intervencións artísticas de “Recunchos con Arte” foron realizadas por artistas locais e outras coa colaboración de estudantes ou asociacións da vila como Ler máis
A semana pasada comezou a nova pintada do muro da praia de Fedorento, sendo esta unha das accións de embelecemento do proxecto “Recunchos con Arte” para este 2020.
As intervencións artísticas de “Recunchos con Arte” foron realizadas por artistas locais e outras coa colaboración de estudantes ou asociacións da vila como a pintada do dique norte. Algúns das intervencións formaron parte da programación de eventos como a Festa da Lagosta ou o evento multicultural Galifornia Beat. Debido á cancelación destas festas acordouse realizar varias intervencións artísticas para apoiar aos artistas locais e mellorar a imaxe dos espazos públicos para que sirvan tamén de atractivo turístico.
A artista local Tamara Baz comezou a pintada do mural o luns pasado e xa se pode contemplar algúns dos elementos do mundo mariño. No deseño destaca as figuras e as cores vivas no muro que pecha esta praia marítima, sendo as dimensións uns 40 m2.
Esta é a segunda intervención artística de Tamara Baz pois acaba de finalizar a Ruta Literaria coa pintada das frases seleccionadas durante a celebración do Día do Libro. Ambas intervencións contan coa colaboración da Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos.