A Guarda recibe o mes de maio con actividades culturais, turísticas e deportivas nas que se inclúen dúas obras de teatro, un torneo de Xadrez, unha exposición e visitas guiadas ao Monte Santa Trega. Programación por días: Venres 3 de maio: O venres día 3 de maio ás 21:00, o Centro Cultural de Ler máis
A Guarda recibe o mes de maio con actividades culturais, turísticas e deportivas nas que se inclúen dúas obras de teatro, un torneo de Xadrez, unha exposición e visitas guiadas ao Monte Santa Trega.
Programación por días:
Venres 3 de maio:
O venres día 3 de maio ás 21:00, o Centro Cultural da Guarda, será o escenario para a representación teatral de “A Compañeira de piso”, unha obra de teatro da compañía “Contraproducións”.
A obra “A compañeira de piso”, de Jen Silverman, xa foi representada con éxito por varias compañías nos Estados Unidos, destacada pola crítica americana como unha mestura de “Thelma & Louise”, “A estraña parella” e “Breaking Bad”. Contraproducións, presenta a primeira adaptación fóra dos escenarios norteamericanos en coprodución co “Centro Dramático Galego”. As entradas para este evento están xa esgotadas.
Sábado 4 de maio:
O sábado día 4 de maio ás 17:30, o Centro Cultural da Guarda acolle a obra de teatro para público infantil e familiar “Bon Appétit”.
Explosións, tortazos, persecucións, sustos, malos entendidos… ingredientes para unha comedia total en clave de clown. Entrada libre ata completar aforo.
Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do castro, e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00 terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT), e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para os grupos de máis de 10 persoas recoméndase facer unha nova reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e de 0,5€ para os menores de 14 anos.
O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como “Ponte do Tamuxe”, “Igrexa de Santa Mariña do Rosal”, “Muíño Serradoiro” e “Dúas vivendas rosaleiras”, todos estes, elementos do Rosal. Ademais das maquetas das catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h.
Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata os 14 anos inclusive.
O sábado a partir das 11:00h celébrase no Colexio Padres Somascos a XIX edición do Torneo de Xadrez Concello da Guarda, evento organizado polo “Clube Albatros”, válido para o XIV Circuíto Galego de Xadrez, Promoción 2019.
Domingo 5 de maio:
Ás 11:30 realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro, visita cunha duración aproximada de 30 minutos.