A Guarda deu a benvida ao Entroido 2020 cun espectacular e colorido desfile dos coles

21 de febreiro de 2020·Por Prensa A Guarda4 minutos de lectura
Noticias Turismo

A programación para este Entroido 2020 arrincaba na mañá deste venres día 21 de febreiro co tradicional Desfile dos Colexios da vila, no que participaron unha gran parte dos alumnos e alumnas dos centros educativos, cun percorrido polo casco urbano, onde luciron os sempre espectaculares Ler máis

A programación para este Entroido 2020 arrincaba na mañá deste venres día 21 de febreiro co tradicional Desfile dos Colexios da vila, no que participou unha gran parte do alumnado dos centros educativos, cun percorrido polo casco urbano, onde luciron os sempre espectaculares e coloridos disfraces de entroido.

Cada clase empregou unha temática e, entre os disfraces máis destacados, os relacionados cos xogos olímpicos de Tokio 2020, cunha imaxinación e orixinalidade que causou gran expectación entre os centos de persoas que se achegaron e encheron as rúas da vila para presenciar este divertido e colorido desfile infantil.

A programación continúa ata o vindeiro martes con actividades de lecer para todas as idades con espectáculos infantís, música en directo e moito máis.

Na xornada do sábado 22 de febreiro ou sábado de guateque a Alameda da Guarda será o epicentro dunha noite moi especial e chea de boa música que comezará ás 23:30h co Concerto do grupo rosaleiro Quedequé, que amenizarán esta noite cos seus clásicos do pop e rock´n´roll dende os anos 80 e 90 e as súas cancións propias, para pechar a noite coa pinchada “Bailongo session” a cargo de “Furry Destroyer”.

O Domingo 23 de febreiro a Alameda da Guarda acollerá o “Domingo das Familias” a partir das 18:00h co Concerto Gramola Ye Ye e o Obradoiro de pintacaras para nenos con Manunú. Gramola Ye Ye é un cuarteto musical pertencente á Gallaecia Big Band que amenizará a xornada por primeira vez na Guarda cun repertorio moi especial, de case dúas horas de duración, con música dos anos 60´s e 70´s especialmente dedicado a público familiar e público xeral.

Para a xornada do luns día 24 de febreiro, os nenos e nenas da vila serán os protagonistas, co espectáculo infantil “Abordaxe Pirata” e “Minidisco” de Barafunda e un “Obradoiro de máscaras” de Manunú, a partir das 17:30h na Alameda da Guarda. O “Abordaxe Pirata” é un espectáculo participativo no que dous piratas realizarán xogos, bailes e música interactiva cos nenos e nenas asistentes. “Minidisco” continuará con máis amenización infantil para todos os nenos e nenas que se acheguen ata a Alameda da Guarda.

Xa para pór o broche final a esta programación do “Entroido 2020” na Guarda, o martes día 25 de febreiro terá lugar o “Desfile de Entroido” ás 17:30h, con saída dende a “Esquina Famosa” e percorrido polas rúas da Guarda ata a Alameda acompañados da Batucada “Bate no Cobre” de Matamá e que conta con preto de 15 integrantes. As inscricións para participar estarán abertas do 11 ao 20 de febreiro, con axudas á participación de máis de 3000€, bases completas na web municipal www.aguarda.es. A diferenza doutros anos o desfile deste ano pretende involucrar á maior cantidade de persoas posible, e animar a asociacións, colectivos e grupos de amigos a participar. Este ano todos os nenos e nenas que participen terán un agasallo.

Menú de Entroido

Ao igual que en anos anteriores, a Concellaría de Turismo organiza en colaboración cos diferentes establecementos de hostalería do municipio o «Menú de Entroido», onde ao longo de 4 días varios establecementos de hostalería da Guarda ofertarán o «Menú de Entroido» que inclúe un primeiro prato de Caldo ou empanada, un segundo prato de Lacón con Grelos e unha sobremesa con Filloas ou Orellas de Entroido. O prezo é de 18€ por persoa e o menú inclúe viño e café. Nesta edición participan a Tapería – Restaurante Arruaz (986 614 571), Camping Santa Tecla (986 685 461), Celtic (986 611 679), La Pizzicata (986 611 534), O Cangrexal (986 611 107) e Restaurante Xantar (986 611 814 ). Recoméndase reservar con antelación chamando directamente ao restaurante.

PROGRAMACIÓN ENTROIDO 2020

VENRES 21 DE FEBREIRO
DESFILE DOS COLES COA CHARANGA VAIA PANDA
Pola mañá
Organizan: Colexios da Guarda

SÁBADO 22 DE FEBREIRO
SÁBADO DE GUATEQUE
Concerto do Grupo Quedequé
E despois: pinchada con “Furry Destroyer”
Alameda da Guarda a partir das 23:30

DOMINGO 23 DE FEBREIRO
DOMINGO DAS FAMILIAS
Concerto de Gramola Ye Ye
Pintacaras para nenos e nenas con Manunú
Alameda da Guarda a partir das 18:00h.

LUNS 24 DE FEBREIRO,
LÚNS DOS NENOS
Espectáculo infantil “Abordaxe pirata” e “Minidisco” con Barafunda
Obradoiro de máscaras con Manunú
Alameda da Guarda a partir das 17:30h.

MARTES 25 DE FEBREIRO, ás 17:30h.
MARTES DO DESFILE
Desfile de comparsas carrozas e grupos acompañados da batucada “Bate no Cobre”
Consulta as bases en www.aguarda.es.
Dende a Esquina Famosa ata a Alameda da Guarda

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese