Os Concellos da Guarda e Caminha organizan este sábado 16 de setembro unha nova andaina no marco das iniciativas conxuntas para a candidatura do estuario do río Miño a Paisaxe Cultural da UNESCO. Co nome «Fortalezas do Miño», a camiñada consistirá nunha ruta interpretativa polas fortalezas dos Ler máis
Os Concello da Guarda e Caminha organizan este sábado 16 de setembro unha nova andaina no marco das iniciativas conxuntas para a candidatura do estuario do río Miño a Paisaxe Cultural da UNESCO.
Co nome «Fortalezas do Miño», a camiñata consistirá en unha ruta interpretativa polas fortalezas das marxes do río, incluíndo os fortes de San Lourenzo de Goián (Tomiño), San Francisco de Lovelhe, Caminha e o Castelo de Santa Cruz, todos eles construídos durante a guerra de Restauración portuguesa, no século XVII.
O percorrido será de 22 quilómetros e dificultade baixa. Un autobús sairá do Castelo de Santa Cruz (rúa República Dominicana) ás 8:30 horas, para levar aos participantes ata Goián. Na parroquia tomiñesa comezará o percorrido que chegará ata A Guarda, pasando por Vila Nova de Cerveira e Caminha, localidades nas que será posible apreciar e visitar as fortalezas existentes, cunha breve explicación da importancia de cada unha delas.

Unha vez en Caminha, e tras a parada para o xantar, os participantes tomarán o ferry das 15:00 horas ata A Guarda, onde visitarán o Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz. A hora aproximada de finalización é ás 16:00 horas.
O custo de participación é de 5 euros por persoa, previa inscrición na Oficina Municipal de Turismo situada na Casa do Concello, no teléfono 986 614 546 ou ben a través do correo electrónico turismo@aguarda.es.