Pola segunda vez a Concellaría de Turismo do Concello da Guarda organiza un curso gratuíto para a formación de camareiros/as e restaurantes, que tivo lugar entre os meses de febreiro e abril. O obxectivo principal foi de formar aos camareiros, algo esencial de cara á profesionalización dun sector tan importante para Ler máis
Por segundo ano a Concellaría de Turismo do Concello da Guarda organiza un curso gratuíto para a formación de camareiros/as e restaurantes, que tivo lugar entre os meses de febreiro e abril.
O obxectivo principal foi formar aos camareiros, algo esencial de cara á profesionalización dun sector tan importante para A Guarda como é o turismo e a hostalaría, ofertando aos veciños e visitantes un servizo de calidade e profesional.
A programación estivo deseñada para que as persoas participantes adquirisen as nocións básicas na adecuación do local, a reposición de material, servizo de alimentos e bebidas en mesa e barra, e a atención ao cliente no servizo de restaurante e bar.
O curso tivo unha duración total de 80 horas, das cales, 40 horas estiveron destinadas á formación teórica e práctica como a montaxe de mesas e ambientación de sala, identificación e limpeza dos utensilios e menaxe, preparación de alimentos e bebidas seguindo as normas de manipulación e hixiene alimentaria, incluíndo tamén formación en alerxenos e manipulación de alimentos.
O alumnado tamén recibiu o diploma de manipulador/a de alimentos. Ademais esta formación foi complementada coas indicacións en alerxenos.
A esta formación engadíronse outras 40 horas de formación práctica non laboral en bares e restaurantes da Guarda, axustada segundo o perfil e as necesidades de cada alumno, promovendo tamén a posible incorporación deste alumnado ao mercado laboral local de forma inmediata de cara á próxima tempada estival.