A Guarda está presente en FITUR 2026 como parte da súa promoción turística

23 de xaneiro de 2026·Por Prensa A Guarda1 minutos de lectura
Noticias Turismo

Rematan dúas xornadas de intenso traballo en FITUR 2026. O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, o tenente alcalde, Óscar Alonso e a técnica de turismo, Rosalía Verde, mantiveron durante estes días reunións, encontros e contactos con diferentes empresas, destinos e institucións. Con estas accións búscase construír un destino turístico consolidado, máis sostible e Ler máis

Finalizan dúas xornadas de intenso traballo en FITUR 2026. O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, o tenente alcalde, Óscar Alonso e a técnica de turismo, Rosalía Verde, mantiveron durante estes días reunións, encontros e contactos con diferentes empresas, destinos e institucións.

Con estas accións búscase construír un destino turístico consolidado, máis sostible e accesible, así como futuras colaboracións e intercambio de ideas e experiencias.

Ademais, A Guarda conta cun espazo propio á entrada dos pavillóns de Fitur, cunha tipografía imitando á da película «Rondallas» e que lembra algúns dos puntos máis destacados da nosa vila: o castro de Santa Trega, a Festa da Lagosta, o esteiro do río Miño ou o camiño de Santiago.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese