A Guarda estará presente na 39ª edición de FITUR

23 de xaneiro de 2019·Por Prensa A Guarda2 minutos de lectura
Noticias Turismo

Un ano máis, o Concello da Guarda estará presente na Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR) que este ano celebra, do 23 ao 27 de xaneiro, a súa 39ª edición. Un ano máis A Guarda se promocionará no stand de Turismo de Galicia. Ademais o xoves ás 12.00h tamén estará presente Ler máis

Un ano máis, o Concello da Guarda estará presente na Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR) que este ano celebra, do 23 ao 27 de xaneiro, a súa 39ª edición.

Un ano máis A Guarda se promocionará no stand de Turismo de Galicia. Ademais o xoves ás 12.00h tamén estará presente no acto organizado pola Deputación de Pontevedra onde se promocionará o Destino Rías Baixas como Destino gastronómico dentro da campaña «Fame de Experiencias» na que o Concello da Guarda estará presente grazas á nosa importancia gastronómica e tamén á Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira, Festa de Interese Turístico de Galicia.

Durante estas xornadas a delegación da Guarda, formada polo alcalde, Antonio Lomba, a concelleira de Turismo, Montse Magallanes e a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Teresa Vicente, manterán diversas reunións con axencias e maioristas en turismo cultural, ornitoloxía e cruceiros, ademais de asociacións de turismo para potenciar a promoción da Guarda como destino turístico.

Tras a recente creación do “Xeodestino Ría de Vigo – Baixo Miño” este é o primeiro ano que haberá un espazo dedicado ao “Xeodestino Ría de Vigo-Baixo Miño” onde os 14 concellos se promocionarán conxuntamente. Aproveitando esta ocasión foi convocado para o xoves ás 18.00h na sala de reunións do stand de Galicia unha reunión de traballo institucional do “Xeodestino da Ría de Vigo-Baixo Miño” onde estarán todos os alcaldes e a empresa responsable da elaboración do Plan Estratéxico informará das actuacións previstas. Ademais a técnica de Turismo da Guarda, Rosalía Verde, asistirá á reunión técnica dos Destinos EDEN que cada ano se convoca coincidindo coa celebración de FITUR.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese