A Guarda gaña adeptos na Semana Santa 2019

23 de abril de 2019·Por Prensa A Guarda4 minutos de lectura
Noticias Turismo

Rematada xa a Semana Santa 2019 o Concello da Guarda fai un balance moi positivo desta tempada, cun incremento notable de visitantes, grazas a unha extraordinaria climatoloxía, que propiciou que moitas persoas se achegasen a go

Rematada xa a Semana Santa 2019 o Concello da Guarda fai un balance moi positivo desta tempada, cun incremento notable de visitantes, grazas a unha extraordinaria climatoloxía, que propiciou que moitas persoas se achegasen a gozar da nosa gastronomía, o noso patrimonio, a nosa oferta cultural e, como non, as nosas paisaxes e a nosa natureza.

Hostalaría e ocupación hoteleira

En canto aos resultados de ocupación hoteleira media durante a Semana Santa, as previsións para a Comarca do Baixo Miño situábase no 60%, repercutindo con moita incidencia este ano a climatoloxía, que propiciou moitas reservas de última hora, atopándose os hoteis da Guarda cunha ocupación media de entre un 75% e un 90%, varios deles con 4 días de ocupación ao 100%.

Nos establecementos de oferta gastronómica como Restaurantes, bares e cafeterías, destaca unha afluencia masiva de comensais, tanto nas comidas como nas ceas, esgotando moitos dos produtos ao longo desta semana santa e mesmo completando o aforo de moitos establecementos, un dato moi significativo tamén, posto que moitos visitantes achéganse á Guarda para gozar da súa afamada oferta gastronómica, con produtos frescos do mar.

Rematada xa a Semana Santa 2019 o Concello da Guarda fai un balance moi positivo desta tempada, cun incremento notable de visitantes, grazas a unha extraordinaria climatoloxía, que propiciou que moitas persoas se achegasen a gozar da nosa gastronomía, o noso patrimonio, a nosa oferta cultural e, como non, as nosas paisaxes e a nosa natureza.

 

 

Rede de Museos e visitas guiadas

Ao longo desta Semana Santa A Guarda ofertou diversas visitas guiadas polo Casco histórico da vila, coa temática «Praza Antigas e Praza Novas», onde coñeceron a historia das nosas prazas como os diferentes nomes e usos que tiveron ao longo dos anos, e tamén no Monte Santa Trega e o seu recinto arqueolóxico, visitas nas que se contabilizaron máis de 500 persoas, maioritariamente visitantes galegos, madrileños, pero tamén estranxeiros de países como Guatemala, República Dominicana ou Estados Unidos. Moitos dos visitantes aproveitaron para coñecer e gozar das celebracións relixiosas da Guarda asistindo ás procesións que tiveron lugar polas rúas do casco urbano o xoves e venres santo.

A Rede de Museos da Guarda tamén foi visitada polos numerosos visitantes e turistas que escolleron a vila da Guarda dende xoves ao domingo de Semana Santa.

O Museo do Mar recibiu a máis de 370 persoas que coñeceron as dúas coleccións: etnográfica cos aparellos de pesca e a malacolóxica coa selección de conchas mariñas. Moitos dos visitantes accederon á terraza e gozaron das visitas que ofrece a Atalaia ao porto da Guarda, sendo moi fotografado o dique coa súa nova pintada.

O Centro Interpretación do Castelo de Santa Cruz foi visitado por preto de 250 persoas, que aproveitaron para coñecer a fortaleza e a súa historia. Ademais a planta baixa dedicouse á Exposición de Maquetas e figuras do rosaleiro Praxíteles González, destacando as maquetas das Catedrais de Notre Dame e Santiago de Compostela.

En canto ás persoas que visitaron o Monte Santa Trega foron preto de 9.000 persoas nestes catro días, de xoves a domingo. Destacando o venres Santo como vén sendo habitual en anos anteriores. O 25% das persoas que visitaron o monte accederon ao MASAT, Museo Arqueolóxico de Santa Trega, duplicando o número de visitantes o venres.

Oficina de Turismo

A oficina de turismo estivo aberta na Praza do Reloxo e atendeu a visitantes chegados principalmente de Madrid e da nosa comunidade autónoma, sen esquecerse dos peregrinos estranxeiros.

Praias

Aínda que as temperaturas medias roldaron entre os 22 e os 29 graos, foron moitos os bañistas que non deixaron pasar esta oportunidade para visitar as nosas praias, preferentemente a praia marítima de Area Grande e a Praia Fluvial do Muíño, ambas con Bandeira Azul.

Peregrinos

En canto ao número de peregrinos, dende a declaración como oficial do Camiño Portugués da Costa, a afluencia de peregrinos vai en aumento, un dato que se mantén segundo os datos da Oficina do Peregrino, destacando tamén que o Camiño Portugués da Costa subiu unha posición con respecto á Semana Santa do ano pasado.

Rematada xa a Semana Santa 2019 o Concello da Guarda fai un balance moi positivo desta tempada, cun incremento notable de visitantes, grazas a unha extraordinaria climatoloxía, que propiciou que moitas persoas se achegasen a gozar da nosa gastronomía, o noso patrimonio, a nosa oferta cultural e, como non, as nosas paisaxes e a nosa natureza.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese