O Camiño Portugués da Costa non deixa de medrar en número de peregrinos e, como vén sendo habitual, os datos rexistrados na Guarda dan conta deste incremento en 2017. Durante o pasado ano, un total de 2.439 peregrinos pasaron a noite no albergue guardés, o que supón un incremento do 40% Ler máis
O Camiño Portugués da Costa non deixa de medrar en número de peregrinos e, como vén sendo habitual, os datos rexistrados na Guarda dan conta deste incremento en 2017. Durante o pasado ano, un total de 2.439 peregrinos pasaron a noite no albergue guardés, o que supón un incremento do 40% respecto a 2016, e o triplo se o comparamos co ano 2015.
En canto á súa procedencia, a maior parte dos visitantes chegan dende o estranxeiro. Portuguesa, alemá e polaca son as nacionalidades máis habituais entre os peregrinos que visitan A Guarda, aínda que tamén contamos con visitantes procedentes de países tan afastados como Corea, Vietnam, China, Canadá ou Estados Unidos. De entre eles, moitos continúan o seu camiño cara a O Rosal e Oia tras cruzar o río Miño, mentres que outros escollen o albergue guardés ou algún dos establecementos hoteleiros da localidade para pasar a noite. Espérase que esta tendencia ascendente da popularidade do Camiño Portugués da Costa se manteña durante o presente ano. Boa mostra diso dá a visita dos 155 peregrinos procedentes do norte de Portugal que o pasado sábado, 13 de xaneiro, realizaron a etapa dende Caminha ata Mougás (Oia) e foron recibidos polo alcalde do Concello da Guarda, Antobio Lomba, e o concelleiro de Patrimonio e Deporte, Xavier Crespo, á súa pasada pola vila guardesa.