Durante o mes de setembro celébranse festas de gran tradición relixiosa e que contan cunha programación cultural, deportiva e festiva que animan a gozar aos veciños das últimas semanas antes da entrada no outono. Ademais continúan as saídas na embarcación Piueiro con catro citas nesta primeira quincena Ler máis
Durante o mes de setembro celébranse festas de gran tradición relixiosa e que contan cunha programación cultural, deportiva e festiva que animan a gozar aos veciños das últimas semanas antes da entrada no outono.
Ademais continúan as saídas na embarcación Piueiro con catro citas nesta primeira quincena de setembro: os días mércores 6, sábado 9, martes 12 e sábado 15. Os horarios previstos das saídas diarias son 17:00h, 18:00 e 19:00h. O prazo de inscrición ábrese o domingo anterior ás saídas desa mesma semana e poderase realizar presencialmente na Oficina de Turismo ou chamando ao 986 61 45 46 a partir das 10:00h, horario de apertura do domingo. Debido ao número reducido de prazas dispoñibles unha persoa poderá inscribir a un total de catro, agás as unidades familiares. A idade mínima para participar é de 10 anos.
No caso da oferta de visitas guiadas ao Castro de Santa Trega cambia coa chegada de setembro. Estas visitas guiadas regulares serán as fins de semana con dous horarios (12:00h e 17:00h). Non é preciso facer reserva previa para asistir ás visitas. Tan só hai que estar no aparcadoiro da Casa Forestal desde onde partirá esta fermosa ruta polo interior do castro escavado. Para calquera dúbida poden consultar directamente no Museo Arqueolóxico no tel. 690 017 038 (tamén WhapsApp) ou mediante un mail a masat@aguarda.es. A visita guiada é gratuíta pero aqueles que accedan ao Monte Santa Trega en vehículo deberán aboar o prezo público.
PROGRAMACIÓN DE FESTAS E EVENTOS:
Para comezar este mes, o venres 1 de setembro organízase como novidade o I ENTROIDO DE VERÁN e terá a Praza do Reló como epicentro. A programación foi planificada para o gozo das familias con protagonismo para os nenos cunha programación especial:
• 16:00 a 19:00h Hinchables para nenos e maiores.
• 18:30 a 19:30 Xogos tradicionais.
• 19:30 a 20:00 Animación musical e festa Holi.
• 20:00 a 20:30 Concurso de disfraces e entrega de premios.
• Recoméndase que os nenos acudan con roupa para poder marchar.
A partir das 20:30h está prevista as actuacións musicais para o público adulto co “Grupo Copa Rota” e ás 22:00h será a quenda da sesión DJ.
FESTAS DA GUÍA
Nas dúas primeiras fins de semana de setembro celébrase na Praza da Guía, as festas en honra á Virxe da Guía con gran devoción entre mariñeiros e familias do barrio.
- Sábado 2: 22:00h Serán da Virxe da Guía (organiza: Vento Mareiro).
- Domingo 3: 18:00h Carreira Pedestre.
- Venres 8:
• 9:00h Misa rezada polos mordomos.
• 11:00h Pasarrúas co “Clube da Terceira Idade”
• 23:00h Verbena cos grupos “Paradanta” e “A Patrulla”. - Sábado 9:
• 12:00h Sesión vermú con cortador de xamón e actuación do grupo “Songodin’s”
• 18:00h Festa Infantil con inchables e pintacaras. Actuación de “Pakolas: Rockeando con Ramona pequena”.
• 23:00h Verbena coas actuacións de “Último Guateque”, “Grupo Gintoni’s” e “DJ GABRY Domínguez” - Domingo 10:
• 10:30h Pasarrúas coa “Agrupación Musical da Guarda”.
• 12:00h Misa solemne cantada polo “Coro Cantábile” e procesión coa “Agrupación Musical da Guarda”.
• 17:00h Tradicionais poxas, tirada de fogos e remate coa actuación da “Banda da Balbina”
FESTAS DAS MERCEDES
No barrio da Gándara celébranse as festas das Mercedes con diferentes actos durante o mes de setembro rematando o domingo 24 co seu día dedicado á Virxe.
- Sábado 2: 19:00h VI Baixada de Carrilanas desde a Praza de Avelino Vicente ata o porto.
- Sábado 9: 16:00h XIV Torneo da cachiza na rúa As Pozas.
- Sábado 16:
• 18:00h XXI Carreira pedestre popular Julia Vaquero.
• 21:00h XI Serán con chocolate e biscoito para os asistentes. - Domingo 17: 20:00h Actuación dos “Regueifeiros do Luar Lui o Caruncho e Bieito Lobariña” e o Grupo folk “Na Revolta”.
- Exposición de maquetas de cortiza de Tino no local da A.VV O Percamino. O sábado 16 (17:00 a 21:00h) e domingo 17 (19:00 a 21:00h).
- Venres 22: 18:00-00:00h XXXV Festa da Zorza coa charanga “PatoCar” e como peche queimada.
- Sábado 23: 22:00h Verbena co grupo “Ritmo” e “América”.
- Domingo 24:
9:00h Pasarrúas con “Trebón dos Xidos”.
12:30h Misa solemne contada polo “Coro Cantábile” e procesión co grupo de gaitas “A Boalleira”.
17:00h Xogos populares.
20:00h Actuación da Escola de danza “Dansá”.
ROMARÍA DA VIRXE DE SANTA TREGA
O sábado 23 de setembro, festivo local, celébrase esta romaría relixiosa no Monte de Santa Trega de gran tradición na Guarda. Durante a mañá hai varias misas na capela en honra á Virxe e unha procesión pola cima do monte. Despois dos actos relixiosos ten lugar a poxa de produtos locais e as familias comen no monte.
Durante este día o acceso ao Monte Santa Trega está restrinxido para autobuses por esta festividade e non se prestan os servizos habituais como as visitas guiadas ao Castro e o Museo Arqueolóxico permanece pechado.
OUTROS EVENTOS CULTURAIS:
- Do 5 ao 20: EXPOSICIÓN DE PINTURA: “PAISAXES E VISITAS” de Basilio Cabaleiro na Casa dos Alonso.
- Venres 29: TEATRO coa obra “O PORCO DE PÉ” ás 21:00h no Centro Cultural.
- Sábado 30: CONCERTO de “LAROÁ” ás 21:00h na Praza do Reló.









