[vc_row][vc_column][vc_column_text]• As visitas terán lugar, previa inscrición en centrocultural@aguarda.es, todos os mércores de xullo e agosto. • Haberá dous pases, ás 18:30h e ás 20:00h con saída dende a explanada da Casa Forestal do Monte Santa Trega. O Concello da Guarda repite experiencia con Os Quinquilláns despois do éxito acadado en Ler máis[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]
[vc_row][vc_column][vc_column_text]• As visitas terán lugar, previa inscrición en centrocultural@aguarda.es, todos os mércores de xullo e agosto.
• Haberá dous pases, ás 18:30h e ás 20:00h coa saída desde a chaira da Casa Forestal do Monte Santa Trega.
O Concello da Guarda repite experiencia con Os Quinquilláns logo do éxito acadado en pasadas edicións, ofertando nos meses de xullo e agosto de 2021 “Teatro no Trega”, a cargo da compañía Os Quinquilláns.
Nesta edición realizarase a actividade no sector de Mergelina do Castro de Santa Trega con dous pases, ás 18:30h e ás 20:00h, previa inscrición, dende o luns previo a cada cita, en centrocultural@aguarda.es, indicando nome completo dos asistentes e teléfono (inscrición por grupos de convivintes).
“A viaxe de Exeria ao Castro” é unha actividade que traslada aos asistentes á época na que o poboado castrexo de Santa Trega estaba habitado, cunha representación teatral na que a nobre e valente Exeria, tras anos viaxando, volve á súa terra, Gallaecia, chea de proxectos, entre os que está a conversión do Castro, supostamente abandonado, nunha vila organizada de acordo aos novos tempos. Pero o Castro garda moitas sorpresas e tesouros que custodia Grovio, o seu último e inesperado habitante.
A presente representación está inspirada no personaxe histórico de Exeria, muller peregrina no S.IV. Sobre o ano 380 esta muller procedente dunha familia nobre do Noroeste peninsular -Gallaecia- emprendeu viaxe ata Xerusalén e a súa peregrinación quedou constatada nas cartas que enviaba a amigas e familiares. Na Idade Media estes escritos foron compilados por un monxe da Abadía de Montecasino no Itinerarium de Egeria.
Este Itinerarium inclúe detalladas descricións da súa viaxe ata Oriente: Constantinopla, Siria, os lugares santos… entre outros lugares Éxeria visitou o martyria a Santa Tareixa en Seleúcida, sendo esta unha das primeiras referencias que vincularían o culto a Santa Tareixa -moi arraigado en Asia Menor e na parte oriental do Imperio Romano- coa Península Ibérica.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]
Mapa de localización
[/vc_column_text][vc_raw_html]JTNDaWZyYW1lJTIwc3JjJTNEJTIyaHR0cHMlM0ElMkYlMkZ3d3cuZ29vZ2xlLmNvbSUyRm1hcHMlMkZlbWJlZCUzRnBiJTNEJTIxMW0xOCUyMTFtMTIlMjExbTMlMjExZDc2NC4yNzQyNjQ4MzcyMTY1JTIxMmQtOC44Njk5Nzk2NzM2MjMwMDIlMjEzZDQxLjg5MTQxNDE2NDMyNDMzJTIxMm0zJTIxMWYwJTIxMmYwJTIxM2YwJTIxM20yJTIxMWkxMDI0JTIxMmk3NjglMjE0ZjEzLjElMjEzbTMlMjExbTIlMjExczB4ZDI1YzAyODcwZjQzM2VkJTI1M0EweGRjNzY5MGIxOTMyNTUzZDclMjEyc0Nhc2ElMjUyMEZvcmVzdGFsJTIxNWUwJTIxM20yJTIxMXNlcyUyMTJzZXMlMjE0djE2MjU3MzIwNjc5NTYlMjE1bTIlMjExc2VzJTIxMnNlcyUyMiUyMHdpZHRoJTNEJTIyNjAwJTIyJTIwaGVpZ2h0JTNEJTIyNDUwJTIyJTIwc3R5bGUlM0QlMjJib3JkZXIlM0EwJTNCJTIyJTIwYWxsb3dmdWxsc2NyZWVuJTNEJTIyJTIyJTIwbG9hZGluZyUzRCUyMmxhenklMjIlM0UlM0MlMkZpZnJhbWUlM0U=[/vc_raw_html][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_video link=»https://youtu.be/tP9cxfmBwy8″ align=»center»][/vc_column][/vc_row]