A Guarda incrementa o número de peregrinos que fan o Camiño Portugués da Costa

7 de maio de 2019·Por Prensa A Guarda2 minutos de lectura
Noticias Turismo

Dende hai meses o Camiño Portugués da Costa ao seu paso pola Guarda, punto de entrada de peregrinos procedentes de Portugal, continúa aumentando notablemente o número de peregrinos que empregan esta ruta. Cada día centos de peregrinos cruzan o río Miño na súa peregrinación a Santiago, algúns deles continúan a súa etapa ata Ler máis

Dende hai meses o Camiño Portugués da Costa ao seu paso pola Guarda, punto de entrada de peregrinos procedentes de Portugal, continúa aumentando notablemente o número de peregrinos que empregan esta ruta.

Cada día centos de peregrinos cruzan o río Miño na súa peregrinación a Santiago, algúns deles continúan a súa etapa ata Oia, pero tamén hai un amplo número deles que deciden pernoitar nos hoteis da Guarda ou no albergue municipal de peregrinos.

Unha boa mostra do continuo crecemento do camiño son os 373 peregrinos que se aloxaron no albergue no que vai de ano, unha cifra que case duplica ás do ano pasado.

O perfil do peregrino é moi variado, algúns realizan etapas de máis de 20KM e outros etapas máis curtas para gozar das paisaxes, do patrimonio e da excelente gastronomía galega.

En canto á procedencia dos peregrinos cómpre destacar que tamén existe unha ampla variedade, cunha alta porcentaxe de estranxeiros. No pasado mes de abril houbo un número considerable de peregrinos procedentes de países como Alemaña ou Polonia, pero tamén de Suecia, Hungría ou Dinamarca, entre outros. Tamén é de grande interese que nos visiten peregrinos de países tan afastados como a India, Canadá, Rusia ou Corea, o que denota a importancia que ten o Camiño de Santiago a nivel internacional.

Aínda que a tendencia este ano, é dun incremento dos peregrinos españois que elixen A Guarda para iniciar a súa peregrinación a Compostela.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese