A Guarda mellora as instalacións da Oficina de Turismo Municipal

17 de xuño de 2020·Por Prensa A Guarda1 minutos de lectura
Noticias Turismo

Nestes momentos estanse a acometer as obras na Oficina de Turismo Municipal da Praza do Reló, de cara a mellorar as instalacións e ofertar unha imaxe de calidade aos visitantes. Dende o ano pasado esta Oficina ampliou os seus horarios e centralizou a atención de visitantes e peregrinos que, pola súa Ler máis

Nestes momentos estanse a acometer as obras na Oficina de Turismo Municipal da Praza do Reló, de cara a mellorar as instalacións e ofertar unha imaxe de calidade aos visitantes.

Dende o ano pasado esta Oficina ampliou os seus horarios e centralizou a atención de visitantes e peregrinos que, pola súa situación en pleno camiño de Santiago, realizaban unha parada na súa peregrinación.

Esta Oficina está integrada na rede de oficinas da Deputación de Pontevedra – Rede Info Rías Baixas e dende o ano pasado conta con informadores turísticos.
Para este 2020 serán contratados dous informadores turísticos durante 6 meses grazas á subvención de dotación de persoal para as oficinas de turismo integradas en Rede Info Rías Baixas.

A Oficina de Turismo estreará novas instalacións a comezos de xullo coa apertura igual que as demais oficinas da provincia despois de implementar todos os protocolos de hixiene e seguridade para evitar os riscos de contaxio do COVID-19.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese