A Guarda oferta este verán visitas guiadas polo centro urbano

15 de xullo de 2019·Por Prensa A Guarda2 minutos de lectura
Noticias MuseosNoticias Turismo

O Concello da Guarda, a través da Concellaría de Turismo, vén de poñer en marcha as visitas guiadas polo centro urbano que terán lugar os mércores e xoves dende o 15 de xullo ata o 15 de setembro. As visitas son de carácter gratuíto e non é necesaria inscrición previa, tan só Ler máis

O Concello da Guarda, a través da Concellaría de Turismo, vén de poñer en marcha as visitas guiadas polo casco urbano que terán lugar os mércores e xoves dende o 15 de xullo ata o 15 de setembro.

As visitas son de carácter gratuíto e non é necesario inscrición previa, tan só acudir ás 12:00h ao punto de encontro, que será na Oficina de Turismo da Praza do Reló.

Este ano ofertaranse dúas visitas distintas, os mércores terá lugar a Visita singular ao casco histórico: “Praza antigas e novas” e os xoves a Visita singular da época moderna: “Castelo de Santa Cruz”.

A duración estimada destas visitas é de aproximadamente 60 minutos, unha oportunidade única para coñecer o rico patrimonio do casco urbano da Guarda.

Horarios da Rede de Museos

A Rede de Museos da Guarda, formada polo Museo Arqueolóxico do Monte de Santa Trega-MASAT, o Museo do Mar e o Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz informa dos novos horarios para esta tempada estival.

• MASAT: De martes a domingo de 9:00h a 21:00h e de 10:00h a 20:00h no mes de setembro.

• Museo do Mar: As fins de semana e festivos de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.

• Castelo de Santa Cruz: Espazo público aberto de 10:00h a 21:00h.

• Centro de Interpretación das Fortalezas do Miño: As fins de semana e festivos de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.

• Oficina de Turismo na Praza do Reló: Aberta de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 19:30h.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese