Do venres 23 ao domingo 25 de agosto A Guarda acolle varios eventos musicais, exposicións, visitas guiadas e unha festa gastronómica, actividades para todos os gustos e idades. VENRES 23 A «Casa dos Alonso» acolle a Exposición «Arquitectura en Polispán», contando con varias obras de Ramón González González, este venres en horario de mañá de Ler máis
Do venres 23 ao domingo 25 de agosto A Guarda acolle varios eventos musicais, exposicións, visitas guiadas e unha festa gastronómica, actividades para todos os gustos e idades.
VENRES 23
A «Casa dos Alonso» acolle a Exposición «Arquitectura en Polispán», contando con varias obras de Ramón González González, este venres en horario de mañá de 9:00h a 14:00h e de tarde de 19:00h a 21:00h.
A Alameda da Guarda acolle esta fin de semana a Festa do Percebe e de produtos da terra e do mar, que chega este ano á súa VIII edición cunha oferta gastronómica na que se inclúen mexillóns, nécoras, berberechos, empanadas, zorza, pementos de Padrón, callos, orella, chourizos, entre outros produtos.
O evento arranca na xornada do venres día 23 de agosto ás 21:00h e continuará o sábado 24 en horario de 12:00h da mañá a 16:00h da tarde e de 20:00h da tarde a 00:00h da noite. Na xornada do domingo a partir das 12:00h do mediodía.
Todos os días haberá actividades para os máis pequenos con inchables, ademais dunha Feira de Artesanía, charanga, música e moita festa.
A VIII Festa do Percebe e de produtos da terra e do mar está organizada pola Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Alameda en colaboración co Concello da Guarda.
Na xornada deste venres continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do castro, e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00 terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT), e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para os grupos de máis de 10 persoas é necesario facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e de 0,5€ para os menores de 14 anos.
SÁBADO 24
A «Casa dos Alonso» acolle a Exposición «Arquitectura en Polispán», contando con varias obras de Ramón González González, este sábado en horario de 19:00h a 21:00h.
A Guarda acolle este sábado unha das citas musicais da programación estival, o Festival de Bandas de Música «Vila da Guarda», que chega este ano á súa XIII edición baixo a organización da Agrupación Musical da Guarda en colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello da Guarda.
O Festival terá lugar este sábado día 24 de agosto ás 19:30h no Auditorio de San Bieito contando coa participación da banda da Agrupación Musical do Rosal, a banda da Unión Musical de Allariz e a banda anfitrioa da Agrupación Musical da Guarda.
A Alameda da Guarda acolle esta fin de semana a Festa do Percebe e de produtos da terra e do mar, que chega este ano á súa VIII edición cunha oferta gastronómica na que se inclúen mexillóns, nécoras, berberechos, empanadas, zorza, pementos de Padrón, callos, orella, chourizos, entre outros produtos.
O evento arranca na xornada do venres día 23 de agosto ás 21:00h e continuará o sábado 24 en horario de 12:00h da mañá a 16:00h da tarde e de 20:00h da tarde a 00:00h da noite. Na xornada do domingo a partir das 12:00h do mediodía.
Todos os días haberá actividades para os máis pequenos con inchables, ademais dunha Feira de Artesanía, charanga, música e moita festa.
A VIII Festa do Percebe e de produtos da terra e do mar está organizada pola Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Alameda en colaboración co Concello da Guarda.
Este sábado continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do castro, e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00 terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT), e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para os grupos de máis de 10 persoas é necesario facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e de 0,5€ para os menores de 14 anos.
O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como “Ponte do Tamuxe”, “Igrexa de Santa Mariña do Rosal”, “Muíño Serradoiro” e “Dúas vivendas rosaleiras”, todos estes, elementos do Rosal. Ademais das maquetas das catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.
Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata os 14 anos inclusive.
Para despedir esta xornada de sábado a partir das 22:30h o antigo Estadio do Trega acolle o Tecla Sound, un festival musical que contará coa participación dos artistas DCS, Diego Mariño, Yaggo, Dani Villa, Hot ID e Cristian Pereyra, coa animación de Black Lips.
DOMINGO 25
A «Casa dos Alonso» acolle a Exposición «Arquitectura en Polispán», contando con varias obras de Ramón González González, este domingo en horario de 19:00h a 21:00h.