A Guarda oferta un curso de formación para a xestión da hostalaría e aloxamentos turísticos na rede

22 de abril de 2019·Por Prensa A Guarda1 minutos de lectura
Noticias Turismo

O concello da Guarda vén de abrir o prazo de inscricións para un curso de formación especialmente dedicado a empresas do sector turístico como a hostalaría e aloxamentos turísticos. Neste curso traballarase con diferentes ferramentas online que permiten xestionar e promover na rede diferentes tipos de establecementos turísticos, falamos de ferramentas Ler máis

O concello da Guarda vén de abrir o prazo de inscricións para un curso de formación especialmente dedicado a empresas do sector turístico como a hostalaría e aloxamentos turísticos.

Neste curso traballarase con diferentes ferramentas online que permiten xestionar e promover na rede diferentes tipos de establecementos turísticos, falamos de ferramentas como tripadvisor, booking… de xestión de reservas, ofertas e promoción de produtos, reputación online, entre outras.

O Curso, cunha duración total de 6 horas, realizarase os mércores días 8, 15 e 22 de maio en horario de 17:00h a 19:00h.

O prazo de inscricións está xa aberto do 23 de abril ata o 3 de maio a través da Oficina de Turismo da Guarda, as persoas interesadas en participar tan só teñen que chamar ao 986614546 ou contactar no correo electrónico turismo@aguarda.es.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese