A Guarda oferta un Curso de Inglés para empresas de hostalaría e aloxamento

10 de outubro de 2019·Por Prensa A Guarda1 minutos de lectura
Noticias Turismo

O Concello da Guarda oferta unha nova actividade de formación especialmente dedicada a empresas do sector da hostalaría e de aloxamento, co obxectivo de mellorar a calidade da atención aos clientes destas empresas. O curso, totalmente gratuíto, iniciarase no mes de novembro e as inscricións están abertas Ler máis

O Concello da Guarda oferta unha nova actividade de formación especialmente dedicada a empresas do sector da hostalaría e de aloxamento, co obxectivo de mellorar a calidade da atención aos clientes destas empresas.

O curso, totalmente gratuíto, iniciarase no mes de novembro e as inscricións están abertas ata o vindeiro 23 de outubro na Oficina de Turismo do Concello da Guarda, na Praza do Reló, chamando ao 986 61 4546 ou no correo electrónico turismo@aguarda.es

As clases terán lugar no antigo colexio Sinde da Rúa Porto Rico todos os mércores en horario de 17:00h a 19:30h ata o 18 de decembro, cun total de 20 horas lectivas.

O inicio e presentación do curso será o 5 de novembro, unha boa oportunidade para mellorar a lingua inglesa, cunha temática enfocada ao sector da hostalaría e dos aloxamentos, que permitirá aos participantes mellorar o seu vocabulario e a atención aos seus clientes de fala inglesa.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese