A Guarda oferta visitas guiadas ao Monte Santa Trega as fins de semana de maio e xuño

30 de abril de 2019·Por Prensa A Guarda1 minutos de lectura
Noticias Turismo

Do mesmo xeito que en anos anteriores, e na tempada previa ao verán, o Padroado do Monte Santa Trega organiza visitas guiadas para coñecer máis en detalle o patrimonio e a historia do Monte Santa Trega. As visitas guiadas realizaranse os sábados e domingos dos meses de maio e xuño en horario de Ler máis

Do mesmo xeito que en anos anteriores, e na tempada previa ao verán, o Padroado do Monte Santa Trega organiza visitas guiadas para coñecer máis en detalle o patrimonio e a historia do Monte Santa Trega.

As visitas guiadas realizaranse os sábados e domingos dos meses de maio e xuño en horario de 11:30h, 12:30h e 17:00h.

Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é necesaria facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

A oferta de visitas guiadas ampliarase na tempada de verán con novas propostas e actividades turísticas no Monte Santa Trega.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese