A Guarda ofrece visitas guiadas e procesións na Semana Santa

15 de marzo de 2024·Por A Guarda Turismo4 minutos de lectura
Noticias Turismo

Calquera época do ano é boa para descubrir o pobo pesqueiro da Guarda e se a visita coincide con Semana Santa tamén poderás participar nas celebracións relixiosas. A Guarda é un pequeno pobo que ofrece diversas propostas para cada visitante, como gozar da natureza do Estuario do Miño, visitar o Monte Santa Ler máis

Calquera época do ano é boa para descubrir o pobo mariñeiro da Guarda e se a visita coincide con Semana Santa tamén poderás participar nas celebracións relixiosas.

A Guarda é un pequeno pobo que ofrece diversas propostas para cada visitante, como gozar da natureza do Esteiro do Miño, visitar o Monte Santa Trega, descubrir a vida mariñeira no porto e o Museo do Mar e degustar a nosa gastronomía e produtos locais.

Para coñecer A Guarda en detalle, atópanse dispoñibles mapas dixitais que convidan a explorar o noso territorio a través das 18 rutas e máis de 80 puntos de interese. Estes mapas dixitais e outra información turística pódense atopar nesta mesma web.

A Guarda iniciará oficialmente a celebración da Semana Santa o venres 22 de marzo, coa Procesión do “Venres de Dor”, a partir das 21:00 horas dende a Igrexa Parroquial de Santa María.

A programación relixiosa da Parroquia de Santa María da Guarda continúa o domingo 24 de marzo (Domingo de Ramos) coa tradicional bendición de ramos e palmas na Praza de San Benito ás 11:30 horas. A continuación realízase a procesión ata a igrexa parroquial e a Misa da Paixón do Señor.
O Xoves Santo estará marcado pola “Procesión dos Pasos”, con saída ás 21.00 horas dende a Igrexa Parroquial de Santa María. O Venres Santo terá lugar dende o mesmo punto a “Procesión do Encontro” (11:00 horas) e a “Procesión do Santo Enterro” (21:00 horas).

Esta Semana Santa ofreceranse as habituais visitas guiadas ao Castro de Santa Trega. Estas visitas son ben recibidas polos visitantes do monte porque lles permiten comprender o valor arqueolóxico deste destacado xacemento arqueolóxico. Durante unha visita guiada de 45 minutos, os visitantes coñecerán en detalle a Cultura Castrexa e como vivían estes castrexos no Trega hai máis de 2.000 anos. As visitas gratuítas organízanse do martes 26 ao domingo 31 de marzo en dúas quendas de 12:00 e 17:00 horas. O punto de partida é a chaira da Casa Forestal, a casa de pedra que se atopa tras atravesar a zona escavada do forte.

Coincidindo coa Semana Santa, a Oficina de Turismo da Guarda iniciará o seu horario de abril de luns a sábado de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 18:30 horas. Tamén atención ao teléfono no 986 61 45 46 ou en turismo@aguarda.es

En canto aos horarios da Rede de Museos da Guarda:
• MASAT- MUSEO ARQUEOLÓXICO DE SANTA TREGA. 10:00 – 20:00 (Excepto luns)
• MUSEO DO MAR- ATALAIA. De xoves a domingo: 11:00 – 14:00 / 16:00 – 19:00
• CASTELO DE SANTA CRUZ como espazo público: 10:00 – 21:00

Programación cultural: EXPOSICIÓN DE PINTURA ARQUÍMEDES ARTAL na Casa dos Alonso (Praza do Reló)

O artista presenta unha mostra do seu traballo rendendo homenaxe a esta localidade cos seus cadros inspirados na costa da Guarda.
Do 16 de marzo ao 6 de abril. Aberto de luns a sábado en horario de mañá e tarde. Só o domingo pola mañá.

Celebracións de Semana Santa en Buxán:
Na Guarda, ademais das celebracións relixiosas de Semana Santa, tamén terán lugar as tradicionais Festas de Semana Santa de Buxán, que comezarán este sábado 29 de marzo coa celebración do «Serán de Buxán» ás 22:00 horas. A festa continuará o venres 29 de marzo co partido de fútbol masculino entre solteiros e casados no Estadio Municipal de Fútbol.

O sábado 30 terán lugar os tradicionais xogos populares (11:00 horas para nenos e 16:30 horas para adultos) e a posterior festa, amenizada por Trío A NOITE e GRUPO AMÉRICA (23:00 horas). O día 31 de marzo, Domingo de Resurrección, a partir das 11:00 horas poderás gozar de pratos locais como a zorza e os callos acompañado do grupo Airiños do Folón. A tarde está reservada para a tradicional Festa dos Bizcoitos con inchables e pintacaras para os nenos e como novidade ás 17:00 horas comezará a poxa de produtos tradicionais. O peche destas festas de Semana Santa de Buxán será ás 19:30 horas coa actuación do grupo folk Os Folieros.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese