A Guarda ofrece visitas guiadas regulares e gratuítas ao Monte Santa Trega as dúas próximas fins de semana de xullo

12 de xullo de 2018·Por A Guarda Turismo1 minutos de lectura
Noticias Turismo

Como cada ano pódese coñecer o Monte Santa Trega grazas á oferta de visitas guiadas a este espazo. Para estas dúas próximas semanas as visitas concentraranse o sábado e domingo cunha oferta de dous diferentes percorridos. Polo tanto, as fins de semana do sábado 14 e domingo 15 e o Ler máis

Como cada ano pódese coñecer o Monte Santa Trega grazas á oferta de visitas guiadas a este espazo. Para estas dúas próximas semanas as visitas concentraranse o sábado e domingo cunha oferta de dous diferentes percorridos.

Por iso, as fins de semana do sábado 14 e domingo 15 e o sábado 21 e domingo 22 de xullo poderase coñecer mellor o Monte Santa Trega acompañado dun guía.

Aquelas persoas que desexen realizar unha visita guiada completa polo emblemático monte e coñecer máis detalladamente o seu valor arqueolóxico, relixioso e paisaxístico, poderase participar nas saídas ás 12:30 h e ás 17:00 h do Museo Arqueolóxico de Santa Trega, MASAT. Dende alí, os participantes coñecerán as pezas expostas no museo e continuarán coa visita a ermida de Santa Trega para despois baixar polo sendeiro do Vía Crucis ata o Castro de Santa Trega onde se explicarán os contidos arqueolóxicos deste espazo escavado. Esta visita terá unha duración aproximada de 90 minutos.

Ademais ás 11:30 ofrecerase a oportunidade de realizar unhas visitas guiadas centradas unicamente no castro, coa explicación do xacemento arqueolóxico de 30 minutos de duración.

As persoas interesadas en participar deberán presentarse á hora de saída no punto de encontro indicado. Estas visitas son gratu

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese