O Concello da Guarda participou durante as xornadas do luns e martes no maior foro sobre os Camiños de Santiago, a FairWay celebrada no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia. Despois da visita Famtrip ao Castro de Santa Trega do pasado xoves día 7 de febreiro, a cargo dun Ler máis
O Concello da Guarda participou durante as xornadas do luns e martes no maior foro sobre os Camiños de Santiago, a FairWay celebrada no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia.
Despois da visita Famtrip ao Castro de Santa Trega do pasado xoves día 7 de febreiro, a cargo dun grupo de representantes de axencias de viaxes, tour operadores e xornalistas especializados nos Camiños de Santiago, a Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes e a Técnica de Turismo, Rosalía Verde, participaron en numerosas reunións con representantes de empresas e institucións de cara a promover iniciativas sobre o Camiño Portugués da Costa.
A principal acción na fairway foi a participación nos workshops que é un espazo adicado ás reunións de traballo con axencias nacionais e internacionais, tour operadores especializados en peregrinacións dende Italia, Australia, Brasil entre outros. Ademais houbo reunións con portais web e blogueiros para dar a coñecer A Guarda non só como o primeiro concello galego do Camiño Portugués da Costa senón como referente turístico co monte Santa Trega, co Estuario do Miño, o Porto pesqueiro….
Algunhas destas empresas xa coñecían A Guarda pero amosaron o seu interese en ampliar a súa oferta.
O Camiño Portugués da Costa foi un dos principais atractivos do III Fórum do Camiño de Santiago “Fairway” no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, onde se realizaron multitude de actividades en torno aos Camiños de Santiago, con congresos, workshops e importantes reunións para potenciar o Camiño de Santiago, nas que tamén estivo presente o Concello da Guarda.