Esta fin de semana A Guarda acolle varias actividades nas que destacan o inicio das celebracións das Festas das Mercedes na Gándara, un Relatorio sobre Violencia de Xénero con Amelia Tiganus, o concerto de peche de «Música nas Prazas 2019» con Helen & Shanna, a 2ª churrascada de Buxán, unha Ler máis
Este fin de semana A Guarda acolle varias actividades nas que destacan o inicio das celebracións das Festas das Mercedes na Gándara, un Relatorio sobre Violencia de Xénero con Amelia Tiganus, o concerto de peche de «Música nas Praza 2019» con Helen & Shanna, a 2ª churrascada de Buxán, unha nova sesión de Contos Contados, ademais de visitas guiadas ao Monte Santa Trega e exposicións.
VENRES 13
O venres día 13 de setembro o Centro Cultural da Guarda acollerá un Relatorio sobre Violencia Sexual Comercial a cargo de Amelia Tiganus e no que colabora o CIM(Centro de Información á Muller) da Guarda.
O acto, que terá lugar ás 20:00h, tratará sobre os Avances e retos de futuro na loita contra a trata e explotación sexual de mulleres e nenas.
«Música nas Praza 2019» chega este venres día 13 de setembro ao seu fin tras os concertos de Caramelo Krew o 14 de xuño na Praza de San Caetano e de Blues do País o pasado venres día 16 de agosto na Praza de Avellino Vicente(As de Copas).
Agora é a quenda de «Helen & Shanna», un grupo guardés nacido no ano 2013 e que xa ten ofertado numerosos concertos en salas e pequenos festivais en toda Galicia. Cun forte influencia folk, «Helen & Shanna» recolle aspectos doutras culturas, con instrumentos tan variados coma o sitar, a trompeta, o violín ou o ukelele.
Para rematar esta edición este venres 13 de setembro ás 22:00h a Praza dos Seixiños acollerá a actuación de Helen & Shanna.
Na xornada deste venres continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do castro, e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00 terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT), e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para os grupos de máis de 10 persoas é necesario facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e de 0,5€ para os menores de 14 anos.
SÁBADO 14
A Asociación Cultural O Percamino da Gándara organiza un ano máis as Festas das Mercedes, cunha ampla programación que arranca xa este sábado día 14 de setembro con música, actividades deportivas, verbena, gastronomía e moito máis.
A programación para este sábado día 14 de setembro inclúe a IV Baixada de Carrilanas, que terá lugar ás 16:00h desde a Pobra ata a bisorca, contando nesta edición cun total de 15 inscritos.
Pola noite do sábado terá lugar o XIX Serán a partir das 21:00h na Praza dos Seixiños organizado polo Grupo de Gaitas A Boalleira e obsequiarase aos asistentes con chocolate e biscoito.
Este sábado a Praza de Buxán acolle a 2º gran churrascada a partir das 21:00h da noite organizada pola Comisión das Festas de Pascua de Buxán.
Este sábado continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do castro, e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00 terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT), e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para os grupos de máis de 10 persoas é necesario facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e de 0,5€ para os menores de 14 anos.
O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como “Ponte do Tamuxe”, “Igrexa de Santa Mariña do Rosal”, “Muíño Serradoiro” e “Dúas vivendas rosaleiras”, todos estes, elementos do Rosal. Ademais das maquetas das catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.
Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata os 14 anos inclusive.
DOMINGO 15
Na xornada do domingo día 15 de setembro, enmarcado nas Festas das Mercedes na Gándara, celebrarase ás 17:00h o II Concurso degustación de repostería e tortillas con premios para os tres primeiros clasificados de cada categoría e ás 20:00h terá lugar a actuación teatro musical de «A chavola de Coiro Vello».