A Guarda presenta a nova marca institucional, a mellora da APP municipal e un novo sistema de incidencias para os veciños

22 de novembro de 2023·Por Prensa A Guarda2 minutos de lectura
Noticias Turismo

O alcalde da Guarda, Roberto J. Álvarez Carrero, presentou hoxe o novo logo do Concello proposto para unificar a imaxe do Consistorio local aproveitando a mellora en diferentes soportes como a App municipal. Na súa intervención explicou que o deseño e manual da identidade visual corporativa foi elaborado pola deseñadora Ler máis

O alcalde da Guarda, Roberto J. Álvarez Carrero, presentou hoxe o novo logo do Concello proposto para unificar a imaxe do Consistorio local aproveitando a mellora en diferentes soportes como a App municipal.

 

Na súa intervención explicou que o deseño e manual da identidade visual corporativa foi elaborado pola deseñadora local Ana Cividanes quen recibiu o encargo de renovar a imaxe corporativa pero sempre integrando a imaxe do escudo. Elixiuse a cor azul porque A Guarda é auga, polo que a deseñadora utilizou un xogo sutil na tipografía utilizada representando o noso pobo rodeado polas ondas do mar e o río. O escudo mantén os seus elementos simplificándose, as liñas e cores que foron cambiando nas décadas anteriores.

 

O concelleiro de Turismo, Fernando Reyes, informou que o concello tamén renova a súa imaxe e lema, mantendo a nova marca pero coa característica de que esta versión é multicolor, representando así a variedade de elementos e recursos da Guarda: praias, montaña, patrimonio, mar, gastronomía,…

 

O novo lema turístico é «A Guarda é o teu destino» seguindo coa mesma idea de que os visitantes elixen gozar da Guarda por diferentes motivos: a arqueoloxía, o espazo natural, a gastronomía, a cultura mariñeira, o Camiño Portugués da Guarda,… chegando a atraer diferentes perfís de visitantes. O concelleiro tamén anunciou que a próxima semana se porá a disposición dos visitantes unha nova ferramenta turística, que son mapas interactivos que recollen os elementos turísticos da localidade. Esta nova marca turística conviverá co logo Camiño Portugués da Costa lanzado o ano pasado porque é específico para a promoción do camiño e o mesmo segue vixente.

 

Neste acto tamén participaron Anxo Peña; O concelleiro de Comercio, Empresa e Innovación Tecnolóxica, que foi o encargado de presentar a mellora da aplicación móbil municipal e a creación dun novo sistema de incidencias para que os veciños poidan comunicar problemas na vía pública de forma rápida e sinxela. A nova ferramenta que se atopa no menú principal da aplicación é indispensable para fomentar a participación dos veciños nos procesos de mellora do municipio da Guarda. Para descargalo en iOS e Android é necesario escribir na AppStore «concello intelixente A Guarda».

 

Nos próximos días a nova marca incorporarase nos diferentes soportes e na xestión municipal.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese