A Guarda presenta a XXXII Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira en Vilanova de Arousa

1 de xullo de 2024·Por Prensa A Guarda2 minutos de lectura
Noticias Turismo

A presentación da XXXII Festa da Lagosta tivo lugar en Vilanova de Arousa, co obxectivo de dar a coñecer a festa entre veciños e visitantes para que nos visiten a próxima semana. A xente que por alí pasou puido probar os produtos que se poderán degustar no porto da Guarda Ler máis

A presentación da XXXII Festa da Lagosta tivo lugar en Vilanova de Arousa, co obxectivo de dar a coñecer a festa entre veciños e visitantes para que nos visiten a próxima semana.

A xente que por alí pasou puido probar os produtos que se poderán degustar no porto da Guarda a fin de semana do 5, 6 e 7 de xullo. Os asistentes quedaron fascinados coa calidade do produto e xa facían plans sobre a súa visita á Guarda.

O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, invitou a todos e todas a visitarnos, non só pola gastronomía, senón tamén pola historia e paisaxe #local. O tenente alcalde de Vilanova de Arousa, Javier Touris, amosouse agradecido por ser o municipio elixido para esta presentación e, anunciou que eles presentarán a súa Festa do Mexillón na Guarda.

O alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, puxo en valor as diferenzas entre os dous concellos polas súas características de mar aberto e de ría. Durán non dubidou da gran calidade dos produtos de ambos os concellos e tamén lembrou a influencia e importancia que ten o mar na vida local.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese