O Concello da Guarda vén de presentar a Axenda Verán 2022, un amplo programa de actividades, para todos os gustos e para todas as idades, que se prolonga ata setembro con concertos, exposicións, actividades de rúa, eventos deportivos, festas gastronómicas, populares e relixiosas, entre outros. A concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes, destaca a gran Ler máis
O Concello da Guarda vén de presentar a Axenda Verán 2022, un amplo programa de actividades, para todos os gustos e para todas as idades, que se prolonga ata setembro con concertos, exposicións, actividades de rúa, eventos deportivos, festas gastronómicas, populares e relixiosas, entre outros.
A concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes, destaca a gran aposta do Concello para levar a cabo unha programación variada e atractiva, tanto para os guardeses como para os visitantes, e que seguro que non deixará indiferente a ninguén.
Montserrat Magallanes indicou na presentación que A Guarda presenta así un verán no que se retoma a actividade cultural, lúdica e deportiva tras a pandemia, froito dun extenso traballo de programación e organización que xa se ve reflectido na gran cantidade de actos incluídos nesta Axenda do verán de 2022.
O Alcalde da Guarda convida a visitantes e guardeses a participar neste programa da Axenda Verán 2022, cunha variedade e calidade de actos que dinamizarán todo o tecido empresarial da localidade, atraendo a moita xente e fomentando ademais a actividade comercial da localidade da Guarda.
O Concello da Guarda quere agradecer a todas as asociacións culturais e deportivas da localidade, que co seu traballo enriquecen o noso pobo e conseguen facer sorrir, gozar e pasar un bo rato a todas as persoas que acoden a participar con elas da cultura e deporte no noso municipio. Logo da pandemia necesitamos recuperar o tempo perdido e volver gozar dos bos momentos, enchendo as nosas rúas de música, baile, cinema e outras expresións artísticas.
O programa de actividades arrincou a pasada fin de semana con A Guarda Diversa, A Guarda Mar de Blues e a XXX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, unha intensa fin de semana repleta de propostas na que non faltou a música, o lecer e a boa gastronomía.
Continuando coa programación da Axenda de Verán este xoves 7 de xullo ás 22:30 horas a Praza do Reloxo acolle a proxección de cinema “O Principito”.
Un dos eventos musicais máis importantes do verán terá lugar o vindeiro sábado 9 de xullo ás 22:30 horas na explanada de Porto da Guarda, co concerto de Heredeiros da Crus celebrando o seu 30 aniversario. Apertura de portas ás 21.30 h, concertos ás 22.30 h, entrada libre ata completar aforo. Nesta xira do 30 aniversario de Heredeiros da Crus teremos a oportunidade de «xogar» dos seus verdadeiros sons na Guarda en estado puro, nunha noite que seguramente será lembrada.
A Axenda de Verán continúa en xullo, agosto e setembro con actividades como o Festival de Danza Moderna de Xamaraina, a programación de actividades infantís de «Miúdo Verán» (tódolos xoves), as Festas do Carme, Feira de Outlet do comercio local, o Encontro dos Pobos, eventos deportivos, Festa do Peixe Espada, Mostra Creativa, presentación de libros e exposicións, Festas de San Caetano, Encontro do libro Luso-Galaico, Festa do Percebe, concerto da Agrupación Musical da Guarda, Festas da Virxe da Guía, as Festas das Mercedes ou a Mostra Asociativa.
Mención especial neste programa para as Festas do Monte, que terán lugar do 8 ao 15 de agosto, a semana grande de festas da Guarda, unha semana na que se combinan as noites de verbenas con diferentes actividades deportivas e culturais. O sábado 13 de agosto ás 11:30 horas ten lugar o Desfile de Bandas Folklóricas e Mariñeiras, multitudinario desfile previo ao día grande do Domingo do Monte, no que dende a mañá as Bandas Mariñeiras soben á cima do monte Santa Trega para realizar os seus xuramentos ao son de bombos, tambores e gaitas. As festas rematarán a noite do luns 15 de agosto cunha gran tirada de fogos artificiais en Porto da Guarda.
EXPOSICIÓNS
A Guarda tamén terá este verán unha importante exposición pictórica que estará na Casa dos Alonso entre o 26 de xullo e o 13 de agosto, e na que se poderán observar e apreciar as obras e pinturas do artista da Guarda, Chuny Alonso.
VISITAS GUIADAS AO CASTRO DE SANTA TREGA
Durante todo o verán e de martes a domingo ofrécense visitas guiadas ao Castro de Santa Trega, unha oportunidade para coñecer o noso patrimonio con visitas que terán lugar ás 12:00, 13:00, 18:00 e 19:00
Inscricións e información no enderezo de correo electrónico masat@aguarda.es ou no teléfono 690 017 038.
Preme na imaxe para ver a axenda completa

Preme na imaxe para ver a axenda completa
PROGRAMA COMPLETO
30 DE XUÑO – 1 DE XULLO
A GUARDA DIVERSA
Na Praza do Reló
1, 2 XULLO
FESTIVAL MAR DE BLUES
Na Praza do Reló
1, 2, 3 DE XULLO
FESTA DA LANGOSTA
No porto da Guarda
07 DE XULLO
CINEMA NA RÚA “O PRINCIPITO”
Na Praza do Reló ás 22:30 horas.
9 DE XULLO
CONCERTO HEREDEIROS DA CRUS (Musigal 2022)
En Porto da Guarda ás 22:30.
10 DE XULLO
FESTIVAL DE DANZA MODERNA «O GRAN SHOW»
No Auditorio de San Bieito ás 20:30
Organizado por: A.C. Xamaraína
14 DE XULLO
ESPECTÁCULO DE DANZA E HUMOR “SOFÁ”
No Auditorio de San Bieito ás 20:30 horas.
15, 16 DE XULLO
FESTAS DO CARME
No porto da Guarda
Organiza: Comisión de Festas do Carmen
21 DE XULLO
CINEMA NA RÚA “BELLA E O CIRCO MÁXICO”
Na Praza do Reló ás 22:30 horas.
23 DE XULLO
FEIRA OUTLET
Na praza de Avelino Vicente
Organizado por: ACIGU
23 DE XULLO
ENCONTRO DOS POBO
No Auditorio de San Bieito ás 20:30
Organiza: A C. Do Lusco ó Fusco
23 DE XULLO
II CARREIRA DE ORIENTACIÓN
inscricións www.xestanatureza.com
28 DE XULLO
CONCERTO INFANTIL ROCKEANDO CON RAMONA ÓRBITA, A DONA DO TEMPO
Na Praza do Reló ás 20:30
29, 30, 31 XULLO
FESTA DO PEIXE ESPADA
Nos restaurantes da vila
Organizado por: ORPAGU
30 DE XULLO
MOSTRA CREATIVA DO BAIXO MIÑO
Na praza de Avelino Vicente
30 DE XULLO
EVENTO DEPORTIVO DO CLUB DE JUDO BAIXO MIÑO
No campo de fútbol da Sangriña ás 20:30
Organiza: Club de Judo Baixo Miño.
4 DE AGOSTO
ESPECTÁCULO DE CIRCO “CARMAN”
No Auditorio de San Bieito ás 20:30
4 DE AGOSTO
PRESENTACIÓN DO LIBRO “SOBRE A CRIANZA”, de Jesús Rodríguez Salazar.
No Centro Cultural ás 19:30 horas.
4, 5, 6, 7 AGOSTO
FESTAS DE SAN CAETANO
No Barrio da Cruzada
Organiza: Comisión de Festas de San Caetano
8 ao 15 DE AGOSTO
FESTAS DO MONTE
Na Alameda e rúas da vila.
Organiza: A.V C.D. alameda
11 DE AGOSTO
GALICIA ILUSIONA, ILUSIONISMO
No Auditorio de San Bieito ás 20:30 horas.
19, 20 AGOSTO
III ENCONTRO DO LIBRO LUSO GALEGO
Na Praza do Reló
20 DE AGOSTO
FEIRA OUTLET
Na Praza de Avelino Vicente
Organizado por: ACIGU
20 DE AGOSTO
II TORNEO DE PETANCA CONCELLO DA GUARDA
No Campo Codesal
24 DE AGOSTO
CONCERTO DE MÚSICA NO AR
No atrio da Igrexa Parroquial ás 20:30 horas.
Organiza: Deputación de Pontevedra
23,27 E 28 DE AGOSTO
FESTA DO PERCEBE
Na Alameda da Guarda
Organizado por: A.C. alameda
26 DE AGOSTO
TEATRO CRÓNICAS DO PARAÍSO
Na Praza do Reló ás 21:30 h.
27 DE AGOSTO
CONCERTO DE VERÁN DA BANDA DA GUARDA
No Auditorio de San Bieito ás 20:30
Organiza: Agrupación Musical da Guarda
28 DE AGOSTO
FESTIVAL DE DANZA MODERNA «REMEMBER»
No Auditorio de San Bieito ás 20:00 horas
Organizado por: A.C. Xamaraína
28 DE AGOSTO
CARREIRA PEDESTRE VIRXE DA GUÍA
Na Praza da Guía ás 19:00
Organiza: Comisión de Festas Virxe da Guía
2, 3, 4 DE SETEMBRO
FESTAS VIRXE DA GUÍA
Na Praza da Guía
Organiza: Comisión de Festas Virxe da Guía
3 DE SETEMBRO
PERFORMANCE FOCO, PROXECTOS ANTIBULOS
Na Praza de Avelino Vicente ás 12:00 horas.
Organiza: A. FOCO
DO 3 AO 25 DE SETEMBRO
FESTAS DAS MERCEDES A GÁNDARA
No barrio da Gándara
Organiza: A.V V. O Percamino
10 DE SETEMBRO
MOSTRA ASOCIATIVA
Na Praza de Avelino Vicente a partir das 15:30 horas