A Guarda, presente na Feira de Abril na caseta de Lar Galego

8 de maio de 2025·Por Prensa A Guarda1 minutos de lectura
Noticias Turismo

O Concello da Guarda foi este ano o municipio galego invitado no stand da Casa de Galicia en Sevilla, o Lar Galego, durante a emblemática Feira de Abril. O alcalde da Guarda, acudiu este luns á tradicional cea do Pescaíto e ao alumeado da portada coa que se Ler máis

O Concello da Guarda foi este ano o municipio galego invitado no stand da Casa de Galicia en Sevilla, o Lar Galego, durante a emblemática Feira de Abril.

O alcalde da Guarda, acudiu este luns á tradicional cea do Pescaíto e ao alumeado da portada coa que se iniciou a Feira de Abril 2025. No stand do Lar Galego puideron observarse fotografías que mostran a beleza natural, patrimonio, gastronomía e riqueza cultural da vila.

«Foi unha noite moi bonita, onde a xente desexaba coñecer máis das paisaxes e da historia que os rodeaban», relata o alcalde. «Ver tanta xente falando da Guarda foi realmente emocionante».

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese