A Guarda presente no 20º Salón Internacional de Turismo Gastronómico en Ourense

11 de febreiro de 2019·Por Prensa A Guarda2 minutos de lectura
Noticias Turismo

O Concello da Guarda estivo representado a pasada semana na 20ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico celebrado en Expourense, evento que contou coa participación de 283 expositores e a presenza de 12 países. Ao longo de 5 días esta feira recibiu máis de 24.000 visitas, contando con numerosos showcookings, Ler máis

O Concello da Guarda estivo representado a pasada semana na 20ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico celebrado en Expourense, evento que contou coa participación de 283 expositores e a presenza de 12 países.

Ao longo de 5 días esta feira recibiu máis de 24.000 visitas, contando con numerosos showcookings, demostración de produtos, conferencias, catas de viños e moitas actividades de promoción turística e gastronómica.

Un escaparate ideal para a promoción do Concello da Guarda a través do Restaurante Xeito que rexenta Carmen Baz, quen ofertou o menú «Porto da Guarda» contando cos pratos típicos da cociña mariñeira como o polbo, o peixe espada e, como non, a lagosta da Guarda.Un escaparate ideal para a promoción do Concello da Guarda a través do Restaurante Xeito que rexenta Carmen Baz, quen ofertou o menú «Porto da Guarda» contando cos pratos típicos da cociña mariñeira como o polbo, o peixe espada e, como non, a lagosta da Guarda.Un escaparate ideal para a promoción do Concello da Guarda a través do Restaurante Xeito que rexenta Carmen Baz, quen ofertou o menú «Porto da Guarda» contando cos pratos típicos da cociña mariñeira como o polbo, o peixe espada e, como non, a lagosta da Guarda.

En palabras de Carmen Baz «este é o 14º ano que participamos e a lagosta da Guarda tivo moito éxito, recibindo numerosos agradecementos dos comensais».

Un escaparate ideal para a promoción do Concello da Guarda a través do Restaurante Xeito que rexenta Carmen Baz, quen ofertou o menú «Porto da Guarda» contando cos pratos típicos da cociña mariñeira como o polbo, o peixe espada e, como non, a lagosta da Guarda.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese