A Guarda presentou a súa XXXIII Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira en Marín

26 de xuño de 2025·Por Prensa A Guarda1 minutos de lectura
Noticias Turismo

Hoxe presentamos a XXXIII Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira en Marín, co obxectivo de dar a coñecer a festa entre veciños e veciñas para que nos visiten a vindeira semana. Alí puidéronse gozar dos produtos que se poderán degustar no porto da Guarda o vindeiro fin Ler máis

Hoxe presentamos a XXXIII Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira en Marín, co obxectivo de dar a coñecer a festa entre veciños e veciñas para que nos visiten a vindeira semana.

Alí puidéronse gozar dos produtos que se poderán degustar no porto da Guarda a vindeira fin de semana do 4, 5 e 6 de xullo. Os asistentes quedaron asombrados da calidade destes produtos.

O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, deu a benvida a este “pequeno petisco para que poidamos abrir o padal e en 10 días xuntarnos dentro desa carpa, aberta a todo o público con prezos moi populares, para que poidamos degustar da nosa gastronomía”.

Pola súa banda, a alcaldesa de Marín, María Ramallo, sinalou que a Festa da Lagosta é “unha festa importante que está xa sinalada no calendario e que pretende ano a ano ir medrando e ofrece o mellor”.

O vindeiro venres 4 de xullo abrirase a carpa ás 12:00h para aproveitar ao máximo a fin de semana de boa gastronomía. Xa pola tarde, ás 20:30h será o pregón no porto a cargo de Rafa Durán para continuar co resto da programación de entretemento e musical.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese