O vindeiro xoves día 28 de novembro terá lugar a primeira Barferencia do ciclo de finais de 2019 que terá lugar ás 20:30h no bar «Bugus Zentral» da Guarda. Esta primeira Barferencia tratará sobre «María Vinyals, unha galega de armas tomar» e que contará co relatorio de Silvia Cernadas. María Vinyals Ler máis
O vindeiro xoves día 28 de novembro terá lugar a primeira Barferencia do ciclo de finais de 2019 que se celebrará ás 20:30h no bar «Bugus Zentral» da Guarda.
Esta primeira Barferencia tratará sobre «María Vinyals, unha galega de armas tomar» e que contará co relatorio de Silvia Cernadas.
María Vinyals (1875-1940?) foi unha das grandes e polifacéticas mulleres que naceron na Galicia do século XIX. Coñecida como a “Marquesa vermella” polas súas ideas sociais e políticas, destacou como escritora e feminista pero acabou morrendo na miseria e no esquecemento. Nesta Barferencia falarase desta muller tan relacionada co Castelo de Soutomaior e cuxa vida ben podería ser levada ao mundo do cinema ou á televisión.
A relatora encargada desta primeira Barferencia é Silvia Cernadas Martínez, nada en Soutomaior no ano 1988, é investigadora e Guía oficial de Turismo, Licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.
Entre as súas principais liñas de investigación destacan a historia da nobreza e os castelos, especialmente o de Soutomaior, sobre o que trata o seu proxecto de tese de doutoramento; a historia da fronteira con Portugal na Idade Media, que comezou a estudar no seu Traballo de Fin de Máster, e a historia das mulleres na Galicia contemporánea, centrándose na figura de María Vinyals. Ten publicado artigos e participado en varios congresos en relación a todos estes temas.
A segunda Barferencia deste ciclo terá lugar o vindeiro xoves día 26 de decembro ás 20:30h na «Cervexaría A Bodega» e tratará sobre «Juan Bautista Alonso Español (1801-1879). Lembranzas deste deputado ás cortes da Guarda no 140 aniversario do seu pasamento», a cargo do historiador local Joaquín Miguel Villa.
Dende o Concello da Guarda anímase unha vez máis a participar nestas barferencias que ano a ano espertan o interese dos guardeses e foráneos nun clima distendido e de intercambio de coñecementos de grande interese xeral e que conta cunha ampla participación.