A Guarda promoveuse novamente en Sevilla no Encontro de Casas Rexionais e Provinciais.

23 de outubro de 2025·Por Prensa A Guarda2 minutos de lectura
Noticias Turismo

Durante 4 días os xardíns de Murillo na cidade de Sevilla acolleron o Encontro de Casas rexionais e provinciais na súa XVI edición onde A Guarda se promocionou a nivel turístico na caseta de Galicia. Este encontro celebrouse do 10 ao 13 de outubro cun amplo programa de actividades que incluíron Ler máis

Durante 4 días os xardíns de Murillo na cidade de Sevilla acolleron o Encontro de Casas rexionais e provinciais na súa XVI edición onde A Guarda se promocionou a nivel turístico na caseta de Galicia.

Este encontro celebrouse do 10 ao 13 de outubro cun amplo programa de actividades que incluíron actuacións do folclore e cultural rexional, ademais de degustacións rexionais. A inauguración foi presidida polo Alcalde de Sevilla e representantes das 16 casas rexionais e provinciais.

Numeroso público asistiu ás actividades programadas durante eses días. Como parte fundamental organizouse a mostra con 16 casetas para que cada casa rexional e provincial achegase á cidadanía a cultura, gastronomía, idiosincrasia, música, bailes e demais particularidades que caracterizan a cada recuncho de España.

Na caseta do Lar Galego de Sevilla tivo o protagonismo do Concello da Guarda, o que permitiu que se promocionase turisticamente durante os 4 días cunha gran imaxe da Guarda, vídeos promocionais e material turístico para que os veciños e visitantes puidesen coñecer A Guarda como destino destacado.

Despois da promoción da Guarda na caseta da Real durante a Feira de Abril de Sevilla, A Guarda volveu ser protagonista nesta segunda campaña de promoción.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese