A Guarda sabe a Lagosta

1 de xullo de 2023·Por Prensa A Guarda2 minutos de lectura
Noticias Turismo

[vc_row][vc_column][vc_column_text] A Guarda acolle esta fin de semana a XXXI edición da Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira. A Festa, de interese turístico de Galicia, foi inaugurada na xornada do venres, contando con David Perdomo como pregoeiro. A Guarda deu o pasado venres o pistoletazo de saída á gran cita Ler máis[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

[vc_row][vc_column][vc_column_text]

  • A Guarda acolle esta fin de semana a XXXI edición da Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira.
  • A Festa, de interese turístico de Galicia, foi inaugurada na xornada do venres, contando con David Perdomo como pregoeiro.

 

A Guarda deu o pasado venres o pistoletazo de saída á gran cita gastronómica da comarca, a Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira, que este ano celebra a súa 31ª edición.

 

O acto de inauguración realizouse na Praza do Reló, onde interviron o alcalde, Roberto Carrera; o Concelleiro de Turismo, Fernando Reyes; o Concelleiro do Mar da Xunta de Galicia, Alfonso Villares e o pregoeiro desta edición, David Perdomo.

 

Este ano entregouse o premio Lagosta de Honra á entidade local San Xerome Emiliani, distinción outorgada a unha entidade social cunha longa traxectoria na localidade.

 

Tras o acto de inauguración, as autoridades, invitados e asistentes trasladáronse á carpa instalada na chaira do Porto da Guarda, onde realizaron unha visita institucional aos diferentes stands participantes nesta edición: O Roxo, O Cangrexal, Xeito, Casa Olga e Adega Gran Novás.

 

Cenros de persoas xa se achegaron a degustar os produtos da cociña da Guarda, sendo o prato estrela a Lagosta, a un prezo de 40€ a unidade. Ademais, a oferta gastronómica desta XXXI edición complétase con outros produtos como percebes, nécoras, luras, chocos, chocos, croquetas, ensaladas, gambas, gambas, paellas, mexillóns, berberechos, lagostas, polbo, vieiras, zamburiñas, gambas , empanadas e empanadillas, tallaríns, pementos, entre outros. Tamén destacan as sobremesas, con tartas de mirabeles ou améndoas, cañitas de nata, filloas recheas e a sobremesa típica da Guarda, a Rosca de Xema da Guarda, que se pode comprar por 20€ enteira.

 

Este sábado tamén deu comezo a Feira de Artesanía, cunha vintena de stands, que exhibiron produtos feitos a man como bisutaría, bordados, elementos decorativos, entre outros.

 

A XXXI Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira, festa declarada de interese turístico de Galicia, tamén conta cun programa de actividades de lecer e tempo libre como os inchables acuáticos (cancelado o sábado por motivos de seguridade polas fortes refachas de vento), os Paseos da noria de Piueiro, as actuacións de animación con Lila Star ou os concertos do grupo folclórico Os d’Abaixo (sábado ás 23:00 h) ou De Vacas (domingo ás 20:00 h).[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_gallery interval=»3″ images=»16762,16765,16768,16771,16774,16777,16780,16759″ img_size=»full» onclick=»img_link_large»][/vc_column][/vc_row]

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese