A Guarda trae un Nadal cheo de actividades para toda a familia

20 de decembro de 2024·Por Prensa A Guarda1 minutos de lectura
Noticias Turismo

As datas festivas xa están aquí e para gozalas, A Guarda ten unha programación chea de actividades para toda a familia. A música será a gran protagonista, con concertos e pasarrúas, pero tamén haberá contacontos e espectáculos de maxia ou circo. Ademais recibiremos visitas moi especiais, como Papá Noel, as carteiras reais e Ler máis

As datas festivas xa están aquí e para gozar delas, A Guarda ten unha programación chea de actividades para toda a familia.

A música será a gran protagonista, con concertos e pasarrúas, pero tamén haberá contacontos e espectáculos de maxia ou circo. Ademais recibiremos visitas moi especiais, como Papá Noel, as carteiras reais e os Reis Magos.

Durante as seguintes semanas, irase dando a coñecer máis información sobre cada unha das actividades.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese